Lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Koavf (conversa | contribucións)
Kachru's three circles of English.svg
Liña 135:
[[Braj Kachru]] distingue os países nos que se fala o inglés cun modelo de tres círculos.{{sfn|Svartvik|Leech|2006|p=2}} Neste modelo, os países do "círculo interno" son países con grandes comunidades de falantes nativos de inglés, os países do "círculo exterior" teñen pequenas comunidade de falantes nativos de inglés pero o seu uso está a medrar como segunda lingua na educación, nos medios ou con propósitos oficiais locais, e os países do "círculo en expansión" son os que teñen moitas persoas aprendendo inglés como lingua estranxeira. Kachru basea o seu modelo na historia, en como o inglés se espallou en diferentes países, en como os usuarios adquiren o inglés e o alcance de uso do inglés en cada país. A pertenza a algún destes tres círculos pode cambiar co tempo.{{sfn|Kachru|2006|p=196}}
 
[[Ficheiro:Kachru's three circles of English.jpgsvg |miniatura|Os tres círculos do inglés de Braj Kachru.]]
Entre os países con grandes comunidades de falantes nativos (o círculo exterior) inclúense o [[Reino Unido]], os [[Estados Unidos de América]], [[Australia]], o [[Canadá]], [[Irlanda]] e [[Nova Zelandia]], onde a maioría fala inglés, e [[Suráfrica]], onde un significante minoría fala inglés. Os países con maior número de falantes nativos son, en orde descendente, os [[Estados Unidos]] (cuns 231 millóns),{{sfn|Ryan|2013|loc=Table 1}} o [[Reino Unido]] (60 millóns),{{sfn|Office for National Statistics|2013|loc=Key Points}}{{sfn|National Records of Scotland|2013}}{{sfn|Northern Ireland Statistics and Research Agency|2012|loc=Table KS207NI: Main Language}} o Canadá (19 millóns),{{sfn|Statistics Canada|2014}} [[Australia]] (con 17 millóns),{{sfn|Australian Bureau of Statistics|2013}} Suráfrica (4,8 millóns),{{sfn|Statistics South Africa|2012|loc=Table 2.5 Population by first language spoken and province (number)}} [[Irlanda]] (4,2 millóns), e Nova Zelandia (3,7 millóns).{{sfn|Statistics New Zealand|2014}} Neses países os nenos aprenden o inglés dos seus pais, e os locais que falan outra lingua ou os novos inmigrantes aprenden inglés para comunicarse cos seus veciños e nos seus postos de traballo.{{sfn|Bao|2006|p=377}} Os países do círculo interno achegan a base sobre a que o inglés se estende ós outros países do mundo.{{sfn|Kachru|2006|p=196}}