Conversa Wikipedia:Imaxe da semana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 98:
 
::::{{@|Banjo}}Vale, por min perfecto, colle os días que precises que non hai présa :) Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 25 de maio de 2019 ás 21:58 (UTC)
{{sen sangría}} {{@|Elisardojm}} O plantexamento que cavilei sería máis ou menos o seguinte:
 
A nivel técnico:
#Deseñamos un sistema que recolla as imaxes nun formato de lista, que vaia mudando a imaxe diariamente según o día do ano de forma correlativa segundo a posición de cada imaxe nesa lista. Tal e como o teño pensado, este formato permitiría "colocar" imaxes en días concretos, se así se quere (para datas sinaladas por exemplo), e requiriría un mantemento mínimo, como moito un cambio cada vez que se achegue ó final da lista (cada 1-2 anos), á marxe de ir engadindo/eliminando imaxes segundo se precise. Un modelo, un módulo e unha subpáxina para a lista sería suficiente. (Na miña cabeza téñoo repensado, na práctica igual me leva un pouco poñelo a funcionar :) )
#Unha vez posto a funcionar, realizamos unha limpeza nas imaxes da semana xa seleccionadas. Eliminamos duplicadas, as de baixa calidade, e as composicións que non se poidan adaptar ó novo formato. As duplicadas non deberían ter problema, as de baixa calidade habería que ver se é necesario facelo baixo algún tipo de consenso. En canto as composicións, a maioría seguramente sexan válidas, algunhas como unha que propuxen eu unha vez con catro retratos nun cadro igual son máis complicadas.
#En canto a lista estea definida, configuramos todo para unha data concreta, facemos o cambio e listo, a funcionar.
A nivel "burocrático":
#Habería que someter a proposta a votación, e se o consideras necesario a un consenso previo baixo proposta na taberna. Se non che amola déixoche esta parte a ti, se xorden dúbidas sobre a parte técnica do sistema proposto encárgome eu de respondelas sen problema.
#De aprobarse, manteríamos o sistema actual de novas propostas (mesmos votos e prazos). As imaxes seleccionadas, de non indicarse unha data concreta, engadiríanse na lista na posición da data de aprobación + 7 días por exemplo, para que non haxa que agardar ata a fin da lista para que aparezan en portada. Igual habería que definir un sistema de propostas por se se quixera modificar algunha posición ou eliminar algunha imaxe da lista nun futuro, trala limpeza inicial.
#Se se aproba póñome a traballar a partir dese momento, tentarei non tardar moito en completalo, e unha vez listo acordamos unha data para poñelo en funcionamento.
 
Se ves calquera cousa que queiras comentar ou que che pareza mellor facer doutra forma, dalle sen medo. [[Usuario:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo'''''</span>]]&nbsp;[[Conversa usuario:Banjo|<sup><span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me'''''</span></sup>]] 29 de maio de 2019 ás 21:44 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Imaxe da semana".