Museo Raíña Sofía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
de un > dun
Liña 35:
 
==Edificio==
O edificio principal do museo é o antigo Hospital Xeral de Madrid, obra [[neoclasicismo|neoclásica]] do [[século XVIII]]. Foi encargado polo rei [[Carlos III de España|Carlos III]] e deseñado por José de Hermosilla, aínda que foi o arquitecto [[Francesco Sabatini]] quen continuou as obras, polo que toma o nome deste. O proxecto inicial era moito máis amplo (chegaba ata a rúa Atocha) pero a morte do rei deixouno inacabado cando non se levaba construído máis de undun terzo da obra proxectada: a que hoxe é a fachada principal é unha das fachadas dun patio interior, e tampouco se realizou practicamente nada da ornamentación exterior, o que explica o seu aspecto severo e nu.
 
En [[1788]] comezou a ser utilizado como hospital e foi obxecto de diferentes obras de restauración e ampliación. Perdida a súa función orixinal en [[1965]], cando ese uso pasou a ser desenvolvido pola Cidade Sanitaria Provincial, caeu en desuso e foi estragándose co paso dos anos, chegando a pensarse na súa demolición. Salvouse grazas a ser declarado edificio protexido en [[1977]] <ref>Real Decreto 3531/1977.</ref>.