Diferenzas entre revisións de «Renacemento»

elimino as características, as etapas e o contexto historico
m (→‎Cinquecento: arranxiño)
(elimino as características, as etapas e o contexto historico)
 
(Á dereita, ''[[O home de Vitruvio]]'' de [[Leonardo da Vinci]]. Aprox. [[1492]].)
== Contexto histórico ==
 
# .
Dende o século XIII prodúcese en Europa unha serie de transformacións que anuncian o remate da Idade Media e a aparición dunha nova era. Estas transformación traen un ritmo acelerado ao longo do século XV. O paso da Idade Media á modernidade anúnciase por:
# O crecemento demográfico debido á mellora na [[alimentación]] e na [[medicina]]. Pese a isto, houbo infeccións devastadoras nesta época como a [[sífilis]].
# Unha importante alza nos prezos debido á introdución en [[Europa]] de grandes cantidades de [[ouro]] e [[prata]] traídos de [[América]] tralo seu recente [[Descubrimento de América|descubrimento]] en [[1492]]. A conquista do [[Novo Mundo]] estabelecerá ademais novas e importantes rutas de [[comercio]], o que derivará nunha mellora na economía.
# A aparición da Reforma protestante, que dará lugar a unha divisón na Igrexa Católica e provocará enfrontamentos entre as nacións europeas.
# O rexurdimento do [[comercio]] e da [[cidade|vida urbana]], especialmente en [[Flandres]] e en [[Italia]]. A cidade convértese en centro económico e político, así como cultural e artístico.
# A aparición da burguesía como a clase social ascendente.
# A aparición de poderes monárquicos fortes.
# A difusión da [[filosofía ántiga|filosofía clásica]] rescatada a través dos filósofos [[Andalucía|andaluces]]. Téndese a unha separación clara entre [[relixión]] e [[filosofía]], entre [[razón]] e [[Fe (relixión)|fe]]. [[Humanismo renacentista|Humanismo]] contra [[teocentrismo]]. Desenvólvese o humanismo coma a corrente vital que ve o home coma o centro e medida fundamental de todas as cousas.
# Nunha liberdade de pensamento maior, afastada do dogmatismo medieval, corresponde un impulso considerábel dos coñecementos científicos. O desenvolvemento das [[universidade]]s e, sobre todo, a aparición da [[imprenta]] favorecen a difusión das novas ideas. A cultura pasa dos [[mosteiro]]s ás rúas das cidades.
 
== Tópicos literarios ==
Un tópico é un motivo literario que o tempo e a tradición fosilizaron. Cada época xera os seus motivos e os autores empréganos adoito como elementos temáticos estábeis e recorrentes, reinterpretándoos nas súas obras e entendidos coma signos de cultura, como recoñecemento dunha tradición concreta. Realizan un papel semellante ao das alusións mitolóxicas nun texto.
 
== Etapas ==
Diferentes etapas históricas marcan o desenvolvemento do Renacemento:
 
=== Quattrocento ===
A primeira ten como espazo cronolóxico todo o [[século XV]], é o denominado '''[[Quattrocento]]''', e comprende o Renacemento que se desenvolve en [[Italia]].
 
=== Cinquecento ===
A segunda, afecta ó [[século XVI]], '''[[Cinquecento]]''', cando se torna nun movemento universal [[Europa|europeo]]; o seu dominio artístico queda referido ó [[Alto Renacemento]], que se centra no primeiro cuarto de século. Esta etapa desemboca cara a [[1520]]-[[1530]] nunha reacción anticlásica que conforma o [[Manierismo]]. Ocorren entón ademais a [[Contrarreforma]], que instaura o [[Barroco]] como estilo oficial da [[Igrexa católica]]. Na literatura destacan [[Ludovico Ariosto]], [[Torcato Taso]] e [[Maquiavelo]]; na pintura destacaron [[Rafael]] e [[Michelangelo]].
 
Mentres que en [[Italia]] estaba a se desenvolver o Renacemento, no resto de Europa mantense o [[Arquitectura gótica|gótico]] nas súas formas tardías, situación que se ha manter, exceptuando casos concretos, ata comezos do [[século XVI]].
 
En Italia o enfrontamento e a convivencia coa antigüidade clásica, considerada como un legado nacional, proporcionou unha ampla base para unha evolución estilística homoxénea e de validez xeral. Por iso, alí, é posible o seu xurdimento e precede a tódalas demais nacións.
 
Fóra de Italia a Antigüidade Clásica suporá un caudal académico asimilable, e o desenvolvemento do Renacemento dependerá constantemente dos pulos marcados por Italia. Artistas importados desde Italia ou formados alí, fan o papel de verdadeiros transmisores.
 
== Características ==
De forma xenérica pódense estabelecer as características do Renacemento en:
# A volta á Antigüidade. Rexurdirán tanto as antigas formas arquitectónicas, como a orde clásica, a utilización de motivos formais e plásticos antigos, a incorporación de antigas crenzas, os temas de [[mitoloxía]], de [[historia]], así como a adopción de antigos elementos simbólicos. Con iso o obxectivo non vai ser unha copia servil, senón a penetración e o coñecemento das leis que sustentan a arte clásica.
# Xurdimento dunha nova relación coa [[Natureza]], que vai unida a unha concepción ideal e realista da ciencia. A [[matemática]] vaise converter na principal axuda dunha arte que se preocupa incesantemente en fundamentar racionalmente ao seu ideal de beleza. A aspiración de acceder á verdade da Natureza, como na Antigüidade, non se orienta cara ó coñecemento de fenómeno casual, senón cara á penetración da idea.
# O Renacemento fai ao ser humano medida de tódalas cousas. Como arte esencialmente cultural, presupón no artista unha formación científica, que o fai liberarse de actitudes medievais e erguerse ó máis alto rango social.
 
Os supostos históricos que permitiron desenvolver o novo estilo remóntanse ó [[século XIV]] cando, co [[Humanismo renacentista|Humanismo]], progresa un ideal individualista da cultura e un profundo interese pola [[literatura clásica]], que acabaría dirixindo, forzosamente, a atención sobre os restos monumentais clásicos.
 
Italia nese momento está integrada por unha serie de estados entre os que destacan [[Venecia]], [[Florencia]], [[Milán]], o [[Estado Pontificio]] e [[Nápoles]].
 
A presión que se exerce desde o exterior impediu que, como noutras nacións, se desenvolvese a unión dos reinos ou estados; porén, produciuse o fortalecemento da conciencia cultural dos italianos.
 
Dende estes supostos foron as cidades as que se converteron en centros de renovación artística.
 
En Florencia o desenvolvemento dunha rica burguesía axudará ó despregue das forzas do Renacemento, a cidade convértese no punto de partida do novo estilo, e xorden, baixo a protección dos [[Medici]], as primeiras obras que desde aquí han estenderse ó resto de Italia.
 
== Artistas importantes ==
Usuario anónimo