Diferenzas entre revisións de «Barack Obama»

de un > dun
(elimino sintaxe desbotada)
(de un > dun)
Tras rematar a escola superior, trasladouse a [[Los Angeles]] en [[1979]] para asistir ao Occidental College. Despois de dous anos, en [[1981]], trasladouse á universidade de Columbia en [[Nova York]], onde cursou Ciencias Políticas, especializándose en Relacións Internacionais, graduándose en 1983 cunha licenciatura en Artes Liberais. Traballou durante un ano na Business International Corporation e despois no New York Public Interest Research Group.
 
Despois de vivir catro anos en [[Nova York]], Obama viaxou a [[Chicago]], onde foi contratado como director do Proxecto de Comunidades en Desenvolvemento (en inglés ''Developing Communities Project''), unha organización relixiosa que contaba con oito parroquias no Gran Roseland (Roseland, West Pullman e Riverdale) na zona sur da cidade denominada South Side, dende xuño de [[1985]] a maio de [[1988]]. Durante os tres anos que estivo á fronte do DCP, o personal medrou de undun a trece, e o orzamento anual medrou de 70 000$ a 400 000$. Colaborou na creación dun programa de preparación para traballadores, un programa de titoría para as preparatorias universitarias, e unha organización de defensa dos dereitos dos inquilinos en Altgeld Gardens. Tamén traballou como consultor e instrutor da Fundación Gamaliel, un instituto de organización comunitaria. a mediados de [[1988]] fixo a súa primeira visita a [[Europa]] durante tres semanas, e marchou outras cinco semanas a [[Kenya]], onde coñeceu a moitos dos seus parientes paternos. Volveu en agosto do [[2006]] para visitar o lugar de nacemento do seu pai, no oeste de Kenya.
 
Obama entrou na Universidade de Dereito de Harvard a fines do ano [[1988]]. Foi elixido director da ''Harvard Law Review'' ao rematar o seu primeiro ano, e presidente do xornal no segundo ano. Trala súa graduación coma Doutor en Xurisprudencia coa mención "[[cum laude|magna cum laude]]", en [[1991]], volveu a Chicago. Casou coa avogada [[Michelle Obama]] en [[1992]] e da parella naceron dúas fillas. A elección de Obama coma primeiro presidente negro da revista ''Harvard Law Review'' obtivo a atención dos medios de todo o país e facilitoulle a obtención dun contrato cunha editorial que lle concedeu un aticipo para escribir un libro sobre as relacións raciais, que finalmente se converteu nunha memoria persoal da súa vida. O manuscrito foi publicado en [[1995]] co título ''[[Dreams from My Father]]'' ("Soños de meu pai").
10.707

edicións