Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (15)
de un > dun
Liña 183:
Cando Pedro de Deza emitirá o edicto proclamando a pragmática o primeiro de xaneiro de [[1567]] e comenzara a facelo cumprir, os mouriscos dispuxéronse a negociar a través de [[Jorge de Baeza]] e [[Francisco Núñez Muley]], os seus representantes, que defenderon que as tradicións perseguidas polo edicto non eran incompatíbeis coa doutrina [[cristianismo|cristiá]] e que o comercio, principal actividade económica da poboación mourisca despois da agricultura, podía verse afectado, coa conseguinte diminución dos ingresos reais. Estes argumentos, que funcionaran en negociacións similares en tempos de [[Carlos I de España|Carlos I]], non o fixeron nesta ocasión.
 
Despois de undun ano de infrutuosas negociacións, a poboación mourisca granadina decidiu levantarse en armas en [[1568]]. Non recibiron moito apoio na capital, pero a rebelión estendeuse rapidamente pola [[Alpujarra]]. Á cabeza do levantamento mourisco púxose Fernando de Córdoba y Válor, que foi proclamado rei cerca de [[Narila]], e que se facía chamar en árabe [[Abén Humeya]] (ou Abén [[Omeya]]), por declararse descendente da dinastía do [[Califato de Córdoba]]. [[Farax Aben Farax]], un dos seus seguidores, foi nomeado alguacil maior do rei. En [[1569]] Abén Humeya foi asasinado, ocupando seu posto como rei o seu primo [[Abén Aboo]]. A rebelión foi apoiada militar e economicamente desde [[Alxeria]], co obxectivo de debilitar a Filipe II, pasando dos 4.000 insurxentes en 1569 aos 25.000 en 1570, incluíndo [[bérber]]es e [[Turquía|turcos]].
 
A guerra, que comezou con incursións e emboscadas, sorprendeu a Filipe II coa maioría dos seus ''[[terzo]]s'' nos [[Países Baixos]]. En [[1570]], ante o grave cariz que tomaba a revolta, o rei destituíu ao marqués de Mondéjar como Capitán Xeneral de Granada, e nomeou no seu lugar ao seu medio irmán Xoán de Austria, quen comandou un exército regular traído de [[Italia]] e do levante español, que substituíu á milicia local e que conseguiu sufocar a revolta en [[1571]]. Entre os que pelexaron contra os mouriscos estivo o escritor [[Inca Garcilaso de la Vega]]. Os últimos rebeldes, tras perder o Forte de Juviles, foron asediados nas súas covas, morrendo Aben Aboo, apuñalado polos seus seguidores, nunha cova de Bérchules.