Nippon Professional Baseball: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Nippon Professional Baseball}}
Liña 16:
 
== Historia ==
=== Fundación ===
Desde a súa introdución en 1872, o béisbol é un dos deportes máis practicados no Xapón. A raíz do éxito dos campionatos xuvenís e rexionais, na década de 1920 houbo unha primeira tentativa de crear unha competición profesional. Considérase que o primeiro equipo profesional do país foi o {{Nihongo|[[Yomiuri Giants|"Club de Béisbol Imperio do Xapón de Toquio"]]|大日本東京野球倶楽部|Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu}}, fundado en 1934 polo magnate dos medios de comnicación Matsutarō Shōriki para enfrontarse a un combinado de estrelas estadounidenses que incluía a [[Babe Ruth]], [[Jimmie Foxx]], [[Lou Gehrig]] e [[Charlie Gehringer]].<ref name"historia">{{cita web|url=https://www.tofugu.com/japan/japanese-baseball-history/|título=A History of Japanese Baseball|obra=Tofugu}}</ref> Ao ano seguinte, o mesmo elenco de xogadores fixo unha xira por [[Estados Unidos]]. Alí gañaron 93 de 102 xogos ante equipos semi-profesionais e da Pacific Coast League. De acordo co historiador Joseph Reaves: "Os únicos pequenos inconvenientes da popularidade do equipo nos Estados Unidos foron os caracteres [[kanji]] e o engorroso nome xaponés. Ambos detalles foron solucionados adoptando o nome de Tokyo Kyojin (dos [[lingua xaponesa|xaponés]]: ''Xigantes de Toquio'') e utilizando uniformes idénticos aos dos [[San Francisco Giants|New York Giants]]...".<ref>Reaves, Joseph A. ''Taking in a Game: A History of Baseball in Asia'' (U. of Nebraska Press, 2002), p. 77.</ref>
 
Desde 1936 até 1950, o béisbol profesional xaponés estivo organizado baixo o nome de "Liga de Béisbol do Xapón" (JBL). O equipo que dominou a competición durando este período foron os [[Tokyo Kyojin]], que gañaron nove campionatos, seis deles consecutivos entre 1938 e 1943. Cómpre destacar que en 1947 o Kyojin mudaron o seu nome a [[Yomiuri Giants]], o cal aínda mantañen. Despois da temporada de 1949, os propietarios dos equipos da liga fundaron o Nippon Professional Baseball (NPB). O dono dos [[Daiei Stars]] Masaichi Nagata propuxo un sistema de competición dividido en dúas ligas, as cales se converteron na [[Pacific League]], orixinalmente chamada {{Nihongo|''Taiheiyō Yakyū Renmei''|太平洋野球連盟}} co propio Nagata de presidente, e a [[Central League]].
 
Catro antigos equipos da JBL formaron a base da nova Liga Central: os [[Chunichi Dragons]], os [[Hanshin Tigers]], os [[Yomiuri Giants]] e os [[Shochiku Robins]], aos que se uniron os [[Hiroshima Carp]], os [[Kokutetsu Swallows]], os [[Nishi Nippon Pirates]] e os [[Taiyō Whales]]. Por outra banda, outros catro antigos equipos da JBL formaron a base da Liga do Pacífico: os [[Hankyu Braves]], os [[Nankai Hawks]], os [[Daiei Star]] e os [[Tokyu Flyers]], aos que se uniron os [[Kintetsu Pearls]], os [[Mainichi Orions]] e os [[Nishitetsu Clippers]]. O dono dos Giants, Matsutarō Shōriki, actuou como o primeiro Comisionado (non oficial) e supervisou as primeiras [[Series do Xapón]]. Nelas enfrontáronse o campión da Liga Central, os Shochiku Robins, contra o campión da Liga do Pacífico, os Mainichi Orions, sendo estes últimos os campións tras vencer por catro xogos a dous.
 
== Formato ==