Tenis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
A [[raqueta]] de tenis está formada por unha empuñadura ou mango que une cun marco máis ou menos circular que contén un conxunto de cordas fortemente tensadas e entrelazadas as unhas coas outras de xeito vertical e horizontal. Durante o primeiro século do xogo moderno, as raquetas eran de madeira e de tamaño estándar, e as cordas estaban feitas de intestinos de animal. A construción de raquetas de madeira laminada proporcionou máis forza durante gran parte do século XX ata a primeira de metal e, máis tarde, a introdución das compostas de grafito, cerámica e metais pouco pesados como o titanio. Estes materiais máis fortes permitiron a produción de raquetas de máis tamaño que tiñan un rendemento aínda maior. Entrementres, a tecnoloxía conduciu ao uso de cordas sintéticas que dan a mesma sensación que os intestinos, pero con maior durabilidade.
 
Os xogadores avanzados melloran o seu rendemento cunha serie de trebellos postos na raqueta. Existen os amortecedores de vibración que se colocan na zona das cordas máis preto do mango. Tamén hai recubrimentos absorbentes para os mangos, chamados grips.
 
=== Pelotas ===