Santiago o Xusto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
Para os [[protestantes]], [[María de Nazareth|María]] era virxe antes de nacer Xesúa, mais despois tivo outros fillos. Consonte a tradición da [[Igrexa ortodoxa]], que sigue o [[Protoevanxeo de Santiago]], Xesús e Santiago, serían de feito medios irmáns, fillos de [[Xosé (Novo Testamento)|José]]. Segundo a tradición [[catolicismo|católica]], ambos serían primos curmáns des (é unha mesma palabra a que designa o irmán e o curmán, nas línguas hebrea e aramea) : dous dentre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha « María, nai de [[Santiago o Xusto|Santiago]] e de [[Xosé, irmán de Xesús|Xosé]] » en Mc 15, 40, que debe ser identificada con María, muller de [[Cleofás]], de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, [[Xudas]] é o irmán de [[Santiago o Xusto]] (Xu 1) e o cuarto [[Simón, irmán de Xesús|Simón]], é claramente designado como un primo curmán, fillo de [[Cleofás]], irmán do [[Xosé (Novo Testamento)|Xosé]], na '''Historia eclesiástica'' de [[Eusebio de Cesarea]], quen afirma ademais que « irmán do Señor » referído a [[Santiago o Xusto]] non é máis que un chamamento.
 
== Culto ==
Durante séculos, a [[Igrexa católica]] honrou a ''Santiago o Xusto'' ao tempo que o apóstolo [[Filipe (apóstolo)|Filipe]], no día [[1 de maio]], data que conmemoraba o aniversario do traslado das [[reliquia]]s de ambos os dous santos para a [[basílica dos Doce Apóstolos]] en [[Roma]]. En 1956, o papa [[Pío XII]] desprazou a festa para o [[11 de maio]] ; mais no novo calendario romano a festividade foi fixada no [[3 de maio]].
 
''Santiago o Xusto'' é festexado o día [[23 de outubro]] pola [[Igrexa ortodoxa]].