Diferenzas entre revisións de «Canción de Harmodio e Aristoxitón»

sen resumo de edición
m (→‎Notas: +control autoridades using AWB)
Etiqueta: edición de código 2017
A '''''Canción de Harmodio e Aristoxitón''''' é un poema da [[Antiga Grecia]] de cronoloxía indeterminada. Atribúese a un poeta chamado [[Calístrato (poeta)|Calístrato]], do que non se coñecen máis datos. Trátase dun tipo de composición chamado ''[[escolia]]'' ou ''escolio'', que era un canto que se entoaba nos banquetes e que era acompañado pola [[cítara]]. A ''Canción de Harmodio e Aristoxitón'', en concreto, foi tremendamente popular posto que se dicía que se cantaba en todos os banquetes.
== Tema ==
O tema do poema é a exaltación de [[Harmodio e Aristoxitón]], dous personaxes históricos que asasinaron ao tirano [[Hiparco de Atenas]] e por iso foron chamados [[tiranicidas]]. O poema encomia a súa acción e os equipara a heroes da [[mitoloxía grega]] ao situalos nas [[Illas dos Benaventurados]].
52.497

edicións