Santiago o Xusto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 26:
 
Velaí o que dixo sobre o santoral a [[Conferencia de bispos de Franza]] : « Os [[eséxeta]]s distinguen varios Santiagos arredor do Señor. [[Santiago o Maior]], fillo de Zebedeo e irmán de Xoán; Santiago, fillo de Alfeo, do cal só se sabe que foi apóstolo, e máis, Santiago, irmán do Señor, do seu parentesco e orixinario de [[Nazareth]]. » A noción de ''irmán'' debe ser comprendida no sentido amplo utilizado na época. Podía significar un parente moi alonxado, como un curmán ou primo-irmám, ou ben indicar un duplo parentesco (de dous troncos).
 
==Controversia sobre os « Irmáns e irmás » de Xesús==
O [[Novo Testamento]], en Mc 6,3 recolle a reacción de asombro dos habitantes de [[Nazareth]], logo de escoitar a [[Xesús de Nazareth|Xesús]] a ensinar na sinagoga: "''Non é este o carpinteiro, o fillo de María, e o irmán de Santiago, Xosé, Xudas e Simón? E súas irmás non viven entre nós?".'' Hai desacordo sobre o que se debe entender nesas palabras segundo que sexan tomadas en senso estricto como fillos dun mesmo pai e nai ou nun senso máis amplo como parentes próximos, tal e como se fai en numerosos países orientais, onde primos e primas, que viven xuntos, son chamados 'irmáns' e 'irmás'. Os versículos de Xoán 19, 26-27 fornecen un exemplo de polivaleniae do uso de títulos parentais nos textos évanxélicos: aí Xesús dille a María, confiándolle o apóstolo Xoán: « Muller, velaí teu fillo » , logo, dirixíndose a Xoán : « Velaí túa nai » .
Para os [[protestantes]], [[María de Nazareth|María]] era virxe antes de nacer Xesúa, mais despois tivo outros fillos. Consonte a tradición da [[Igrexa ortodoxa]], que sigue o [[Protoevanxeo de Santiago]], Xesús e Santiago, serían de feito medios irmáns, fillos de [[Xosé (Novo Testamento)|José]]. Segundo a tradición [[catolicismo|católica]], ambos serían primos curmáns des (é unha mesma palabra a que designa o irmán e o curmán, nas línguas hebrea e aramea) : dous dentre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha « María, nai de [[Santiago o Xusto|Santiago]] e de [[Xosé, irmán de Xesús|Xosé]] » en Mc 15, 40, que debe ser identificada con María, muller de [[Cleofás]], de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, [[Xudas]] é o irmán de [[Santiago o Xusto]] (Xu 1) e o cuarto [[Simón, irmán de Xesús|Simón]], é claramente designado como un primo curmán, fillo de [[Cleofás]], irmán do [[Xosé (Novo Testamento)|Xosé]], na '''Historia eclesiástica'' de [[Eusebio de Cesarea]], quen afirma ademais que « irmán do Señor » referído a [[Santiago o Xusto]] non é máis que un chamamento.