Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
As evidencias [[arqueoloxía|arqueolóxicas]] indican que a civilización exipcia comezou ao redor do [[VI milenio a. C.]], durante o [[Neolítico]], cando se asentaron os primeiros poboadores (véxase o [[período predinástico]]). O [[río Nilo]], en torno ao cal asentabase a poboación, foi a liña de referencia para a [[Cultura do Antigo Exipto|cultura exipcia]] desde que os [[nómade]]s [[Caza-recolección|cazadores-recolectores]] comezaron a vivir nas súas ribeiras durante o [[plistoceno]]. Os rastros destes primeiros poboadores quedaron nos obxectos e signos gravados nas rochas ao longo do val do Nilo e nos [[oasis]].
 
Ao longo do Nilo, no [[Mesolítico|XI milenio a. C.]], unha cultura de recolectores de gran fora substituída por outra de [[Cinexética|cazadores]], [[pesca]]dores e recolectores que usaban [[Idade dade Pedra|ferramentas de pedra]]. Os estudos tamén indican asentamentos humanos no suroeste de Exipto, preto da fronteira con [[Sudán]], antes do 8000 a. C. A evidencia [[xeoloxía|xeolóxica]] e estudos [[climatoloxía|climatolóxicos]] suxiren que os cambios do [[clima]], ao redor do 8000 a. C., comezaron a desecar as terras de caza e pastoreo de Exipto, conformándose paulatinamente o [[deserto do Sáhara]]. As tribos da rexión tenderon a agruparse cerca do río, onde xurdiron pequenos poboados que desenvolveron unha economía agrícola. Hai evidencias de pastoreo e do cultivo de [[cereal|cereais]] no leste do Sáhara no VII milenio a. C.
 
Ao redor do 6000 a. C., xa aparecera no val do Nilo a [[agricultura]] organizada e a construción de grandes poboados. Ao mesmo tempo, no suroeste dedicábanse á gandería e tamén construían. O [[morteiro de cal]] usouse no 4000 a. C. É o denominado período predinástico, que empeza coa cultura de [[Naqada]].