Diferenzas entre revisións de «Henri Moissan»

m
sen resumo de edición
m
}}
 
'''Henri Moissan''', nado o [[28 de setembro]] de [[1852]] en [[París]] e finado o [[20 de febreiro]] de [[1907]] tamén en París, foi un [[químico]] o e profesor universitario de [[Francia]], [[premio Nobel de Química]] en [[1906]].
== Traxectoría ==
Estudou no Colexio de [[Meaux]], no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de [[Edmond Frémy]]. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o [[1879]], chegando a impartir clases de [[química]] e [[toxicoloxía]] no [[1886]]. Dende [[1900]] foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na [[Academia de Ciencias francesa]] no [[1891]].
 
== Investigacións científicas ==
Entre as súas contribucióncontribucións científicas máis notábeis, no [[1886]] conseguiu illaillar o [[flúor]] en forma de gas amarelo verdoso, por [[electrólise]] dunha solución de [[fluorhidrato potásico]] en [[ácido fluorhídrico anhidro]]. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.
 
Tamén ideou un [[forno de arco]], capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o [[uranio]], [[cromo]], [[volframio]], [[vanadio]], [[manganeso]], [[titanio]] e [[molibdeno]].
No [[1893]], deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.
 
Foi un dos primeiroprimeiros en realizar investigación acercoacerca do [[calcio]], descuberto en [[1808]], por [[Humphry Davy]], conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do [[ioduro de calcio]] (CaI<sub>2</sub>).
 
Baixo a súa dirección traballou o farmaceutico galego, completando a súa formación, [[Xosé Casares Gil]] que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.
2.683

edicións