Nippon Professional Baseball: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
== Formato ==
A NPB está composta por dúas ligas, a [[Liga Central]] e a [[Liga do Pacífico]], con seis equipos en cada unha. Hai tamén outras dúas ligas profesionais de segundo nivel adicadas á formación de novos xogadores, a Liga Occidental e a Liga Oriental. O campionato comeza a finais de marzo ou comezos de abril e finaliza en outubro. A maiores, en xullo, xóganse dous ou tres xogos do All-Star, os cales enfrontan aos mellores xogadores de cada liga. Antes de 2007, cada equipo das dúas ligas xogaba entre 130 e 140 xogos por temporada, sendo a única excepción das temporadas 2005 e 2006 da Liga Central con 146 encontros. Porén, desde ese ano, ambas ligas adoptaron un calendario de 146 xogos, con 73 xogados en casa e 73 como visitante. O máis habitual é que cada equipo xogue seis días á semana, descansando os luns, salvo excepcións.<ref name=Waldstein>{{cita web|autor=Waldstein, David|url=https://www.nytimes.com/2014/07/22/sports/baseball/rangers-yu-darvish-pushes-for-a-six-man-pitching-rotation.html?_r=0|
Após a finalización da temporada regular, os mellores equipos de cada liga dispuntan un torneo por eliminatorias para decidir cales competirán nas [[Seroes do Xapón]]. Estas series seguen a estela das [[Series Mundiais]] da [[Major Legue Baseball]], enfrontando polo título ao campión da Liga Central contra o campión da Liga do Pacífico, do memo xeito que na MLB onde xogan os campións da [[Liga Americana]] e a [[Liga Nacional (béisbol)|Liga Nacional]]. Nas eliminatoiras, coñecidas como Climax Series, primeiro xogan o segundo contra o terceiro clasificado de cada liga ao mellor de tres encontros. O vencedor desta eliminatoria xoga a final da liga fronte o primeiro clasificado. O vencedor deste encontro gaña entón o dereito a xogar as Series do Xapón onde se termina o campión nacional. Entre os anos 2005 e 2013 o campión xaponés disputaba as Series de Asia contra os campións de [[Australia]], [[China]], [[Corea do Sur]] e [[Taiwán]] (coa excepción de 2013 onde tamén participou o [[Fortitudo Bologna]] [[Italia|italiano]]). Os equipo xaponeses venceron e cinco das sete edicións.
|