Diferenzas entre revisións de «Cultura castrexa»

Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
 
* '''Divindades da primeira función''': Eran as posuidoras da soberanía e do poder nun dobre aspecto máxico e xurídico. Entre elas, destaca un deus castrexo, coñecido só coa advocación romana de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], que recibía culto no cumio dos montes; e en cada montaña (que adquiría un carácter sagrado) o deus recibía un epíteto propio.
* '''Deuses da guerra ou da segunda función''': Este tipo englobaría o grupo que forma o deus [[Cosso|Cosus]] baixo as distintas advocacións locais. A este grupo debeu render culto a [[aristocracia]] militar. Son deuses guerreiros que actúan non dun xeito racional, senón impulsados unha especie de furor ou [[loucura]] guerreira. Combaten individualmente, non en grupo, e utilizan os berros e outros medios de carácter simbólico coa finalidade de paralizar o inimigo. Caracterízanse polas súas malas relacións cos deuses soberanos e cos membros da "terceira función".Por exemplo, o ''[[Mars Tillenus]]'' sería adorado no [[Monte Teleno]].
 
Seguino as fontes textuais clásicas, pódese dicir que a concordancia entre a forma de loitar dos deuses da guerra e os guerreiros castrexos é total: combatían de xeito desordenado, sen seguir unha clara orde táctica, trataban de conseguir unha aparencia terríbel e ao mesmo tempo eran ladróns, co que quedaba clara a súa oposición á riqueza socialmente aceptada. Así pois, relixión e mitoloxía coinciden plenamente.
Usuario anónimo