Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
m →‎Definición: arranxiño
Liña 22:
[[Ficheiro:World ocean map.gif|miniatura|esquerda|O océano interconectado e as súas diferentes divisións.]]
[[Ficheiro:STS059-238-074 Strait of Gibraltar.jpg|miniatura|Vista de satélite do [[estreito de Xibraltar]] onde se pode ver a separación do [[mar Mediterráneo]] co [[Océano Atlántico]]]]
A definición comparativa de mar como extensión de [[auga dedo mar|auga salgada]] menor que o [[océano]] establece unha clasificación das extensións de auga salgada en que os océanos serían as maiores extensións e virían logo, de diferentes tamaños, os mares. Os mares diferéncianse principalmente polo contacto co océano, podendo ser abertos ou pechados: se está rodeado case totalmente por terra, como o [[Mar Negro]], fálase de mar continental, mentres que se está moi aberto, como o [[mar da China]], fálase de mar litoral.
 
A distinción entre mar e océano obedece a diversas causas, sobre todo cando se fala de mares abertos en que adoita distinguirse atendendo á situación xeográfica, xeralmente situado entre dúas masas terrestres ou, ás veces, as menos, á posición da [[plataforma continental]]. Algúns exemplos disto son os seguintes: o mar do [[canal da Mancha]] comunica co [[océano Atlántico]] polo [[mar Céltico]], pero distínguese pola súa posición entre a costa sur de [[Inglaterra]] e a costa norte de [[Francia]]. Outro caso moi claro é o [[mar Mediterráneo]], que comunica co océano Atlántico polo [[estreito de Xibraltar]] e distínguese claramente por estar situado entre [[Europa]], [[Asia]] e [[África]], xa que ten unhas condicións marítimas moi diferentes:[[temperatura]]s, [[fauna]] [[flora]], e [[marea]]s de diferente amplitude. Outro mar aberto, neste caso o [[mar dos Argazos]], (creado polas correntes que forman o [[xiro oceánico]] do [[Xiro do Atlántico Norte|Atlántico Norte]]) coa súa acumulación de [[alga]]s ao longo da [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], distínguese do océano Atlántico de forma totalmente arbitraria.<ref name=Stow>{{cita libro|ref=Stow | título=Encyclopedia of the Oceans | editorial=Oxford University Press | autor=Stow, Dorrik | data=2004 | isbn=0-19-860687-7}}</ref>{{rp|page=90}}