Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
de un > dun
Liña 29:
O termo "anxiospermas" provén de dúas verbas [[Lingua grega|gregas]]: ''anxíon'' vaso, ánfora, e ''sperma'', semente; así, este termo composto quere dicir "semente envasada", en referencia a que os seus [[óvulo (botánica)|óvulos]] (e posteriormente a súa semente) fican pechados pola folla fértil portadora dos óvulos ou [[carpelo]]. Deste xeito, o gran de [[pole]] para fecundar o óvulo ten que contactar unha superficie do carpelo preparada para isto (o "[[Estigma (botánica)|estigma]]") en troques de caeren directamente sobre o óvulo coma nas [[ximnosperma]]s.
 
A estrutura particular das súas flores non é a única diferenza que posúen co resto das espermatófitas, outros caracteres morfolóxicos distintivos son a redución do [[gametófito]] feminino a só unhas poucas células, a dobre fecundación (coa formación de undun tecido nutritivo característico, triploide, chamado [[endosperma]], ó tempo que se fecunda o óvulo), e un [[xilema]] e [[floema]] distintivos, máis recentes que os do resto das [[Planta vascular|traqueófitas]], e máis eficientes en moitos aspectos (aínda que o xilema semella ter evolucionado xa dentro da [[póla]], sendo as magnoliófitas máis primitivas semellantes nos seus tubos xilemáticos ás [[ximnosperma]]s).
 
As anxiospermas son un grupo de [[espermatófita]]s recoñecido como [[monofilético]] desde hai moito tempo polos seus caracteres morfolóxicos distintivos, a súa monofilia foi sostida logo polos [[análises moleculares de ADN]].