Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de un > dun
Liña 206:
O piar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.
 
Os outros dous piares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tales como a política de [[inmigración]] e de [[asilo]], a [[policía]] e a [[xustiza]], por outro. Trátase de undun progreso importante, na medida na que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de [[droga]]s.
 
Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastricht será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotiá: a realización da Unión Económica e Monetaria. A partir do [[1 de xaneiro]] de [[1999]], a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o [[euro]].