Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

de un > dun
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(de un > dun)
En tempos do [[Templo de Xerusalén#O Segundo Templo|Segundo Templo]], o principio de cada mes lunar era avisado por dúas testemuñas que vixiaban a saída da nova lúa. O patriarca [[Gamaliel II]] (c. 100) comparou estas contas cos debuxos das fases da lúa. Segundo a tradición, estas observacións foron feitas contra os cálculos da principal corte xudía, o [[Sanedrín]]. Se un segundo Adar era preciso ou non dependía da condición dos camiños que usaban as familias xudías para o [[Pésagh]], do número de años que debían ser sacrificados no templo e das espigas de cebada necesario para os primeiros froitos.
 
Unha vez decidido, o principio de cada mes era anunciado primeiro a outras comunidades con sinais de lume, mais dende que os samaritanos e unha facción dos saduceos comezou a acender falsos lumes, enviábase un mensaxeiro ou [[shaliagh]]. A imposibilidade de avisar a comunidades fóra de [[Israel]] ata un día despois levou a comunidades a celebrar festas de dous días no canto de undun, tendo así un segundo día de [[diáspora xudía]] pola incerteza de se ese mes tiña 29 ou 30 días.
 
Dende os tempos dos [[amora]]im (séculos III a V), os cálculos incrementáronse, como os de [[Samuel o astrónomo]], quen afirmou durante a primeira metade do século III que o ano tiña 365 días, e segundo os "calculadores do calendario" ao redor de 300. Jose, un amora que viviu durante a segunda metade do século IV, afirmou que o [[Purim]], día 14 do mes de Adar, non podía ser nin sábado nin luns, de non ser que o 10 do mes de Tishri ([[Iom Quipur]]) caese en venres ou en domingo. Isto indica un número fixo de días en todos os meses dende Adar ata Elul, implicando tamén que o mes extra xa era o segundo Adar engadido ante o Adar normal.
 
=== Época ===
A [[época]] do moderno calendario hebreo é 1 de Tishri AM 1 (AM = [[Anno mundi|''anno mundi'' = no ano do mundo]]), que en [[calendario xuliano proléptico]] é luns, [[7 de outubro]], [[-3761|3761 a.C.]], a data tabular equivalente (mesmo período de luz solar). Esta data é ao redor de undun ano antes da data tradicional da [[Creación]] o 25 de Elul AM 1. (Unha opinión minoritaria pon a Creación o 25 de Adar AM 1, seis meses antes, ou seis meses despois da época moderna). Así, engadindo 3760 a calquera ano do calendario xuliano ou gregoriano despois do 1 d.C. amosará o ano hebreo que coincide con ese ano no calendario tradicional europeo, rematando ese outono. (Engade 3761 para os que anos comecen en outono). Debido ao pouco descompasados que están os dous sistemas, isto será así por outros 20.000 anos.
 
A data tradicional hebrea para a destrución do primeiro Templo (3338 AM) difire da moderna data científica, que é normalmente expresada usando o calendario gregoriano (586 d.C.). A data científica ten en conta indicios do calendario babilonio antigo e das súas observacións astronómicas. Nestes casos, a diferenza entre o ano hebreo tradicional e a data científica no calendario gregoriano é o resultado dun desacordo sobre cando ocorreu o feito —e non simplemente ás diferenzas entre os calendarios.
10.707

edicións