Gustavo V de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Oscar->Óscar
Jglamela (conversa | contribucións)
Corrixo ligazón
Liña 38:
Adquiriu relevancia internacional cando no seu papel de príncipe herdeiro organizou a [[Exposición de Estocolmo]] de [[1897]]. Participou politicamente nos turbulentos anos seguintes: para solucionar o conflito parlamentario de [[1887]] entre liberais e conservadores que abarcaba discusións sobre o dereito ao [[sufraxio universal]] e a tensión das relacións con Noruega tras a súa separación.
 
[[Ficheiro:Oskar2sweden-12.jpg|miniatura|230px|Catro xeracións [[Bernadotte]]: detrás, o príncipe herdeiro Gustavo (esquerda) e seu fillo o príncipe Gustavo Adolfo (futuro rei [[Gustavo VI Adolfo]]); no centro, o rei [[Óscar II de Suecia|Óscar II]] co pequeno príncipe [[Gustavo Adolfo, duque de Västerbotten|Gustavo Adolfo]].]]
O príncipe foi o primeiro presidente da Asociación Central Sueca para o fomento do deporte, fundada en [[1897]] e antecesora da actual Real Federación Deportiva Sueca. A Asociación organizou os xogos nórdicos por primeira vez en [[1901]] e construíu o [[Estadio Olímpico de Estocolmo]] para os [[Xogos Olímpicos de 1912]], que foi inaugurado polo propio Gustavo, xa convertido en rei.