Premios Nobel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 2A00:1FA1:4086:947B:851F:593D:E855:DB4D (conversa); cambiado á última versión feita por Atobar
Liña 9:
[[Alfred Nobel]] ficou sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, e inventou unha forma de lembrarse. Creou premios para que fosen concedidos a aqueles que serviron ao ben da [[Humanidade]], máis propiamente a aqueles que proporcionaron á Humanidade beneficios no campo da [[física]], [[química]], [[fisioloxía]] ou [[medicina]], [[literatura]] e [[paz]]. Nobel nunca creou un premio para [[Economía]], aínda que moitos economistas famosos afirman ter recibido o Nobel de Economía. Véxase máis abaixo.
 
== <small>A primeira entrega dos premios </small>==
A primeira cerimonia que concedeu os Premios Nobel en [[literatura]], [[física]], [[química]] e [[medicina]] ocorreu no [[Conservatorio Real de Estocolmo]] en [[1901]], entregándose o Premio Nobel da Paz en [[Oslo]]. Desde [[1902]], os premios concédeos formalmente o [[Lista de monarcas de Suecia|rei de Suecia]]. Porén a entrega do Premio Nobel da Paz dáse en Oslo, sendo presidida polo [[Lista de monarcas de Noruega|rei de Noruega]].