Diferenzas entre revisións de «Antigo Réxime»

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m (→‎O modelo francés: Peter Paul Rubens)
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta14))
O rei facía as leis, que eran a expresión da súa vontade persoal, pois aínda que debía ter en conta as "[[costume]]s fundamentais do reino", tales costumes eran contraditorias e vagas, e sería difícil definilas claramente. Os seus súbditos non tiñan propiamente ningún dereito exercible ou exixible ante o Estado (que non ten entre as súas funcións garantir dereitos, como si terá o [[Estado de dereito]]), aínda que si unha difusa constelación de ''dereitos, liberdades e privilexios'', non universais senón diferentes segundo a condición individual, familiar, corporativa ou territorial de cada un, e un conxunto igualmente difuso de deberes co rei, cuxa capacidade de esixirlles o seu cumprimento era máis ampla en teoría que na práctica.
 
Ademais, o rei dirixía a administración de xustiza, pois esta ditábase no seu nome e por funcionarios que el designaba. Usábase a [[tortura]] xudicial para lograr a confesión dos acusados, a quen se xulgaba en segredo e aos que se aplicaban cruentas [[Pena (dereito)|penas]] corporais (as marcas con ferros candentes, a picota, o látego) incluíndo unha ampla panoplia de tipos de penas de morte adecuadas á categoría do reo ou do delito (decapitación con distintas armas, degollamento, ahorcamento, fogueira, desmembramento...). O suplicio de [[François Ravaillac|Ravaillac]], asasino de [[Henrique IV de Francia]], pasa por ser un dos máis truculentos.<ref>FOUCAULT, Michel Vixiar e Castigar</ref> A homoxeneización da pena capital foi unha peculiar ''conquista'' da Revolución, que igualou as condicións empezando literalmente pola cabeza (a [[guillotina]]). En España cumpriu a mesma función o [[garrote]] (que, aínda sendo igual para todos, podíase graduar en vil e nobre segundo o aparato que lle rodeaba).<ref>[[Mariano José de Larra]] ironiza con amargura sobre a pena de morte en garrote nun dos seus artigos de costumes, publicado en 1835 na revista ''Mensaxeiro'' [http://www.amnistiacatalunya.org/educadors/2/pm/pm-cites-larra.html]{{Ligazón morta|data=maio de 2019 }}</ref> O [[fusilamento]] parece que tamén foi unha macabra modernización, aplicado sobre todo no exército.
 
A liberdade individual estaba ameazada constantemente pola [[policía]], que podía prender a calquera cunha simple orde do rei, a "carta selada" (''[[lettre de cachet]]'' {{fr}}). Non se explicitaba a causa da detención, senón que simplemente indicábase que "tal era a vontade do rei" (''car tel est mon bon plaisir''). Existía a [[censura]] previa, que exercía fundamentalmente a autoridade eclesiástica (o ''nihil obstat''). Non se concedía a liberdade de conciencia ou [[liberdade relixiosa]], senón que se aplicaba o principio ''cuius rexio eius religio'' (o rei impón a relixión ao súbdito) da [[Dieta de Augsburgo]].
147.169

edicións