Józef Piłsudski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Máis de en.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Józef Klemens Piłsudski de Kościesza'''   {{Audio|Pl-Józef_Piłsudski.ogg|['juzɛf piw'sutski]}}, nado en [[Zułów]], preto de [[Vilnius|Vilna]], o [[5 de decembro]] de [[1867]] e finado en [[Varsovia]] o [[12 de maio]] de [[1935]], foi o primeiro [[Presidente de Polonia|xefe de Estado]] (1918-1922), primeiro mariscal (dende 1920) e [[Ditadura|ditador]] (1926-1935) da [[Segunda República Polaca]]. Dende a [[primeira guerra mundial]] tivo unha grande influencia na sociedade do seu país e foi un político moi relevante na política europea.<ref>Plach 2006, p. 14.</ref> É considerado o principal responsable de que [[Polonia]] conseguise a independencia en 1918 tras máis dun século de [[Particións de Polonia|particións]].<ref>Lieven, 1994, [http://books.google.com/books?id=iz3NACNOpCAC&pg=PA159&dq=Pilsudski+Polish+independence&as_brr=3&ei=7cZmR9X2G6SEjAGuoZ2nAw&sig=UF1oPw56pneIbaUzKQLxTtZkGb0 p. 159].</ref><ref>Lerski, 1996, [http://books.google.com/books?id=FPxhOu_n1VYC&pg=PA441&vq=chief+restorer&dq=Pilsudski+Polish+independence&lr=&as_brr=3&sig=iJxuE4j82fjQgvWGYI-kkEwkYB0 p. 441].</ref><ref>Held, 1992, [http://books.google.com/books?id=5O5NkwX-NnYC&pg=PA249&dq=Pilsudski+Polish+independence&lr=&as_brr=3&ei=e8hmR7D1LI7-igHz5eCdAw&sig=EXRmOzUfwHMrgjxeBne9BLQj7Jk p. 249].</ref>
 
== Infancia e mocidade ==
De familia nobre e composta por nove irmáns, naceu en [[Zułów]], dentro da [[Polonia]] do [[Imperio Ruso|Imperio ruso]] (actual Lituania). A familia tivo que abandonar a cidade polos problemas económicos provocados polo seu irmán [[Bronisław Piłsudski]] quen, xunto con [[Aleksandr Ulianov]] (irmán de [[Lenin]]), tentaron atentar contra o [[tsar]] [[Alexandre III de Rusia]].
 
Os Piłsudski tiveron que desfacerse das súas propiedades para facer fronte ao xuízo, polo que se mudaron a [[Vilnius|Vilna]], onde Józef se formou intelectualmente. O seu pai morreu antes de que acabase o bacharelato (Gymnasium).
 
Capacitado con grandes dotes de liderado, en 1894 fíxose co poder dun grupo político [[Socialismo|socialista]] chamado [[Polska Partia Socjalistyczna]] e fundou a revista antirrusa ''Robotnik'' (''O obreiro''), xornal dos socialistas polacos.
Liña 13:
 
== Actividade política ==
[[Ficheiro:PL_Turek_Pilsudski_Monument_11.jpg|esquerda|miniatura|150x150px|Monumento a Józef Piłsudski en Turek, de [[Józef Gosławski|J. Gosławski]]]]
En 1899 casou con [[Maria Juszkiewicz]], e en 1900 foi capturado pola forza imperial e encerrado na [[Cidadela]] de [[Varsovia]]. Á súa esposa liberárona once meses despois. Piłsudski, para chamar a atención polo seu encarceramento, fixo unha [[folga de fame]] para así ser levado a un hospital. Despois dun mes de recuperación, burlou a garda do hospital e conseguiu fuxir. Atopouse coa súa esposa e xuntos escapáronse a [[Francia]].
 
Liña 23:
 
== A guerra mundial ==
A pesar da falta de formación militar regulada, Piłsudski mandou durante a guerra a Primeira Brigada da [[Lexións Polacas (primeira guerra mundial)|Lexión Polaca]],<ref name="rothschild242">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 242</ref> converténdose no caudillo da loita antirrusa pola restauración dunha Polonia independente.<ref name="rothschild242"/> A maioría dos seus partidarios e colaboradores na súa posterior actividade política proviñan da Primeira Brigada, mentres que moitos dos seus adversarios militares pertencían á Segunda Brigada ou serviron en unidades regulares do exército austrohúngaro.<ref name="rothschild242"/>
 
== Polonia independente ==
 
=== Xefatura de Estado (1918-1922) ===
[[Ficheiro:Herb_Piłsudski.PNG|esquerda|miniatura|150x150px|Escudo da familia Piłsudski, variante do Clan Kościesza.]]
Trala [[primeira guerra mundial]] volveu a [[Varsovia]] liberado polos alemáns da prisión de [[Magdeburgo]] (10 de novembro de 1918<ref name="rothschild257">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 257</ref>) e foi nomeado xefe de Estado e comandante en xefe do [[exército polaco]], converténdose na práctica en [[Ditadura|ditador]] de Polonia.<ref name="rothschild257"/> O 20 de febreiro de 1919 a nova asemblea constituínte elixida en xaneiro nomeouno oficialmente xefe do Estado.<ref name="rothschild257"/>
 
Durante ese período, loitou activamente contra o [[Bolxevique|bolxevismo]], dirixindo persoalmente os Exércitos polacos durante a guerra [[Guerra polaco-soviética|Guerra Polaco-Soviética]] como comandante en xefe das forzas armadas.<ref name="rothschild244">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 244</ref>
 
O principal interese de Piłsudski foi o exército.<ref name="rothschild244"/> Impediu o nomeamento de ministros de Defensa nos primeiros gobernos polacos para manter o control persoal do mesmo,<ref name="rothschild244"/> e asegurouse o nomeamento dun ministro afín (antigo compañeiro de prisión durante a guerra), o xeneral [[Kazimierz Sosnkowski]], que se mantivo no cargo a pesar dos cambios de goberno ata a primavera de 1923.<ref name="rothschild245">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 245</ref>
 
O 17 de marzo de 1921 os seus rivais da [[Dereita política|dereita]] lograron aprobar a nova constitución de carácter marcadamente parlamentarista en que a presidencia do Estado apenas tiña poderes.<ref name="rothschild246"/> A súa idea era impedir que Piłsudski, cun gran prestixio que o facía o candidato evidente á presidencia, controlase a política nacional.<ref name="rothschild246"/> O mariscal, en resposta, negouse a presentarse ás eleccións de decembro de 1922.<ref name="rothschild247">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 247</ref> Ese mesmo mes foi nomeado xefe do Estado maior, substituíndo a un dos seus rivais militares, o xeneral [[Władysław Sikorski]].<ref name="rothschild245"/>
 
Cando ese mesmo mes o seu candidato e amigo persoal, [[Gabriel Narutowicz]], foi asasinado por un mozo fanático de dereitas que confesou que preferiría asasinar a Piłsudski, este acusou a dereita de estar detrás da morte e a súa animadversión cara aos seus rivais afondou.<ref name="rothschild247"/> Cando a dereita, co novo apoio do [[Partido Campesiño Piast]] de [[Wincenty Witos]], formou o primeiro gabinete na primavera de 1923 Piłsudski negouse a colaborar co novo goberno e abandonou paulatinamente os seus cargos oficiais.<ref name="rothschild249">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 249</ref>
 
==== Ideas políticas e rivais ====
As súas ideas políticas eran moi distintas ás de [[Roman Dmowski]], quen cría que era posible unha autonomía dentro do Imperio ruso, ou unha alianza con este. Piłsudski, en cambio, era partidario dunha alianza con Alemaña e da creación de Estados intermedios independentes ([[Belarús]], [[Ucraína]]) entre Rusia e Polonia. Para iso alentou dende o goberno o proxecto [[Międzymorze]] en favor dunha federación de estados de [[Europa Oriental]] ansiosos de evitar a dominación política e económica por parte de Alemaña ou da [[Unión Soviética|URSS]]; este proxecto non resultou atractivo para o resto de estados do leste europeo ao ser demasiado evidente que Piłsudski promovía unha unión baixo a dirección de Polonia, e dado que Lituania rexeitaba repetir a experiencia da [[República das Dúas Nacións]], e o plan tampouco recibiu acollida favorable en [[Checoslovaquia]] debido a unha serie de controversias territoriais checo-polacas. A esta oposición cumpría agregar a negativa evidente da URSS de apoiar semellante plan que ameazaba a súa hexemonía en Europa Oriental.
 
Piłsudski enfrontouse a dous rivais principais: os seus adversarios militares dentro do Exército, que lle disputaban o control sobre o mesmo e a forma de organizar as forzas armadas,<ref name="rothschild242"/> e os conservadores, principalmente o [[Endecja|Partido Nacional Democrático]] de Dmowski, que o odiaban como antigo socialista, combatente contra Rusia e antigo aliado de Alemaña, suposto defensor das minorías do Estado e partidario do federalismo.<ref name="rothschild246">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 246</ref> A rivalidade entre os partidarios do mariscal e os seus opositores caracterizou a política polaca de entreguerras.
 
=== Retiro oficial (1922-1926) ===
Piłsudski rexeitou unha pensión gobernamental e retirouse á súa casa nos arredores de Varsovia, agasallo dos seus admiradores.<ref name="rothschild249"/> Mantívose impartindo conferencias e escribindo artigos e libros, xeralmente de contido político e moi polémicos.<ref name="rothschild249"/>
 
O goberno entregouse pronto a tratar de desfacer a obra do mariscal no Exército, tratando de sometelo ao poder civil mediante plans de reorganización dos seus adversarios,<ref name="rothschild249"/> á vez que se desencadeou unha campaña de desprestixio da súa figura e se o mantiña baixo vixilancia.<ref name="rothschild250">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 250</ref> A dereita tratou de implicalo en certos xuízos por espionaxe a favor da [[Unión Soviética]], sen éxito.<ref name="rothschild250"/>
 
Piłsudski, pola súa banda, continuou a súa dura polémica cos seus adversarios sobre o modelo de mando das forzas armadas e a súa subordinación ao goberno, que o mariscal vía como negativa e conducente á utilización das mesmas nas rivalidades partidistas, mentres que os seus opositores a consideraban necesaria para sometelas ao control democrático.<ref name="rothschild251">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 251</ref>
 
A crecente tensión entre partidarios e detractores do mariscal,<ref name="rothschild254">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 254</ref> a agudización da crise económica,<ref name="rothschild256">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 256</ref> o empeoramento da situación internacional para Polonia coa firma dos [[Tratado de Locarno|tratados de Locarno]] e [[Tratado de Berlín|Berlín]] e a crónica inestabilidade gobernamental, na que se sucederon os gabinetes (catorce ata 1926<ref name="rothschild242"/>) fixeron que os admiradores do mariscal fosen vistos cada vez máis como a figura providencial para a nación, convidándoo cada vez máis abertamente a tomar o poder pola forza.<ref name="rothschild257">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 257</ref>
 
En novembro de 1925 Piłsudski, trala caída do goberno de [[tecnócrata]]<nowiki/>s de Grabski, advertira o presidente da república de que non estaba disposto a admitir máis cambios no exército.<ref name="rothschild256"/> O presidente declarouse incapaz de pór fin á crise política.<ref name="rothschild257"/> A partir dese momento e durante o inverno e a primavera de 1926 a tensión creceu e os partidarios do mariscal prepararon a súa volta á política mediante un golpe de estado.
 
=== Golpe de estado e réxime autoritario (1926-1935) ===
En maio de 1926, tras meses de preparación polos seus partidarios<ref name="rothschild258">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 258</ref> e o apoio dalgunhas unidades militares fieis á súa persoa,<ref name="rothschild241">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 241</ref> deu un [[golpe de estado]], insatisfeito coa crónica inestabilidade política, o que el consideraba intromisión en asuntos militares do goberno,<ref name="rothschild242">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 242</ref> a aguda crise económica<ref name="rothschild259">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], ppáx. 259</ref> e a delicada situación internacional para Polonia.<ref name="rothschild259"/> As forzas políticas e sociais de [[Esquerda política|esquerda]], esperando a fin do control da vida política polas formacións de dereita e unha revolución social, apoiaron o golpe, aínda que axiña quedaron desilusionadas.<ref name="rothschild241"/>
[[Ficheiro:Pilsudski_old.jpg|dereita|miniatura|Piłsudski o ano da súa morte. Os últimos anos da súa vida o réxime perdeu importantes apoios e volveuse notablemente máis represor.]]
O golpe de Piłsudski marcou o final do goberno democrático parlamentario en Polonia, símbolo do fracaso do sistema democrático na rexión nos anos posteriores, que foi substituído paulatinamente por diferentes ditaduras.<ref name="rothschild241"/> A partir do golpe de estado volveu exercer as súas funcións no goberno de Polonia ata a súa morte. O golpe, a pesar do seu éxito político e militar, supuxo unha desilusión para o mariscal que se vía a si mesmo como unha figura admirada por todo o país e esperara que todo o exército o seguise no canto de dividirse.<ref name="rothschild56">[[#Bibliografía|Rothschild (1990)]], ppáx. 56</ref> A imaxe de si mesmo como un gardián do benestar nacional aceptado por todas as opcións políticas esvaeceuse.<ref name="rothschild56"/>
 
Tralo golpe de estado de 1926, e ao notar que o proxecto [[Międzymorze]] tampouco recibía apoio decisivo de Gran Bretaña ou Francia, Piłsudski abandonouno, e dedicouse a dirixir o goberno de Polonia como un ditador carismático, sustentado na súa popularidade entre as masas, mais permitindo certa marxe de manobra á oposición. Para iso, Piłsudski introduciu o denominado réxime Sanacja ("curación" en polaco), onde os seus seguidores formaban unha fronte "por riba dos [[Partido político|partidos políticos]]" mentres os gobernos quedaban suxeitos á aprobación de Piłsudski, convertido en ditador ''de facto'' de Polonia,<ref name="rothschild56"/> apoiado polos líderes militares (o "grupo dos coroneis") e polo ''movemento Sanacja'', un partido político que evitaba conducirse como tal.
 
No entanto, tralo agravamento da [[Gran Depresión]] en 1930 xurdiu con maior forza unha oposición política que esixía a Piłsudski deixar o poder. En resposta, Piłsudski arrestou decenas de parlamentarios opositores ao seu réxime e encarcerounos na cidade de [[Brest, Belarús|Brest]].<ref name="rothschild64">[[#Bibliografía|Rothschild (1990)]], ppáx. 64</ref> Despois diso, Piłsudski insistiu en manter o seu réxime sobre a base do seu carisma entre as clases obreiras, e comezou a elaborar unha nova constitución que lle permitise legalizar o réxime Sanacja e perpetualo no poder. Os últimos anos do seu réxime, este perdeu o seu prestixio e apoio: ao terror policial empregado para gañar as eleccións de novembro de 1930 uniuse a brutal represión militar do nacionalismo [[Pobo ucraíno|ucraíno]] tamén a finais dese ano.<ref name="rothschild64"/> Tanto os intelectuais como os partidos de esquerda e as minorías afastáronse de Piłsudski.<ref name="rothschild64"/>
 
Froito do desexo dos seus partidarios de asegurar o réxime foi a Constitución de abril de 1935, elaborada pola camarilla de Piłsudski expresamente para que fose este líder quen se servise dela. No entanto, tal esforzo resultou van: o 12 de maio do mesmo ano morreu Piłsudski, e o réxime [[Sanacja]] quedou en mans dos coroneis ata o estalido da [[segunda guerra mundial]].
Liña 86 ⟶ 85:
* {{cita libro |apelidos= Rothschild|nome= Joseph|ligazón-autor=Joseph Rothschild|título= East Central Europe Between the Two World Wars|url= http://books.google.com/books?id=ytc-muwFT_IC&lpg=PA398&ots=c_zKaJ3R_i&dq=East%20Central%20Europe%20Between%20the%20Two%20World%20Wars&pg=PA398#v=onepage&q=&f=false|lingua=en|ano= 1990|editorial= University of Washington Press|isbn= 9780295953571}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.pilsudski.org Jozef Pilsudski Institute of America] {{en}} {{pl}}
* [https://web.archive.org/web/20050213064816/http://www.polonica.net/Marshal-Jozef-Pilsudski.htm ''Marshal Jozef Pilsudski. Messiah and Central European Federalist''] {{en}}
* [http://monika.univ.gda.pl/~literat/bibula/index.htm ''Bibuła'', libro de Józef Piłsudski] {{pl}}