Józef Piłsudski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 56:
 
=== Golpe de estado e réxime autoritario (1926-1935) ===
En maio de 1926, tras meses de preparación polos seus partidarios<ref name="rothschild258">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 258</ref> e o apoio dalgunhas unidades militares fieis á súa persoa,<ref name="rothschild241">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 241</ref> deu un [[golpe de estado]], insatisfeito coa crónica inestabilidade política, o que el consideraba intromisión en asuntos militares do goberno,<ref name="rothschild242">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 242</ref> a aguda crise económica<ref name="rothschild259">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 259</ref> e a delicada situación internacional para Polonia.<ref name="rothschild259"/> As forzas políticas e sociais de [[Esquerda política|esquerda]], esperando a fin do control da vida política polas formacións de dereita e unha revolución social, apoiaron o golpe, aínda que axiña quedaron desilusionadas.<ref name="rothschild241"/>
[[Ficheiro:Pilsudski_old.jpg|dereita|miniatura|Piłsudski o ano da súa morte. Os últimos anos da súa vida o réxime perdeu importantes apoios e volveuse notablemente máis represor.]]
O golpe de Piłsudski marcou o final do goberno democrático parlamentario en Polonia, símbolo do fracaso do sistema democrático na rexión nos anos posteriores, que foi substituído paulatinamente por diferentes ditaduras.<ref name="rothschild241">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 241</ref> A partir do golpe de estado volveu exercer as súas funcións no goberno de Polonia ata a súa morte. O golpe, a pesar do seu éxito político e militar, supuxo unha desilusión para o mariscal que se vía a si mesmo como unha figura admirada por todo o país e esperara que todo o exército o seguise no canto de dividirse.<ref name="rothschild56">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1990)]], p. 56</ref> A imaxe de si mesmo como un gardián do benestar nacional aceptado por todas as opcións políticas desvaneceuseesvaeceuse.<ref name="rothschild56"/>
 
Tralo golpe de estado de 1926, e ao notar que o proxecto [[Międzymorze]] tampouco recibía apoio decisivo de Gran Bretaña ou Francia, Piłsudski abandonouno, e dedicouse a dirixir o goberno de Polonia como un ditador carismático, sustentado na súa popularidade entre as masas, mais permitindo certa marxe de manobra á oposición. Para iso, Piłsudski introduciu o denominado réxime Sanacja ("curación" en polaco), onde os seus seguidores formaban unha fronte "por riba dos [[Partido político|partidos políticos]]" mentres os gobernos quedaban suxeitos á aprobación de Piłsudski, convertido en ditador ''de facto'' de Polonia,<ref name="rothschild56"/> apoiado polos líderes militares (o "grupo dos coroneis") e polo ''movemento Sanacja'', un partido político que evitaba conducirse como tal.
 
No entanto, tralo agravamento da [[Gran Depresión]] en 1930 xurdiu con maior forza unha oposición política que esixía a Piłsudski deixar o poder. En resposta, Piłsudski arrestou decenas de parlamentarios opositores ao seu réxime e encarcerounos na cidade de [[Brest, Belarús|Brest]].<ref name="rothschild64">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1990)]], p. 64</ref> Despois diso, Piłsudski insistiu en manter o seu réxime sobre a base do seu carisma entre as clases obreiras, e comezou a elaborar unha nova constitución que lle permitise legalizar o réxime Sanacja e perpetualo no poder. Os últimos anos do seu réxime, este perdeu o seu prestixio e apoio: ao terror policial empregado para gañar as eleccións de novembro de 1930 uniuse a brutal represión militar do nacionalismo [[Pobo ucraíno|ucraíno]] tamén a finais dese ano.<ref name="rothschild64"/> Tanto os intelectuais como os partidos de esquerda e as minorías afastáronse de Piłsudski.<ref name="rothschild64"/>
 
Froito do desexo dos seus partidarios de asegurar o réxime foi a Constitución de abril de 1935, elaborada pola camarilla de Piłsudski expresamente para que fose este líder quen se servise dela. No entanto, tal esforzo resultou van: o 12 de maio do mesmo ano morreu Piłsudski, e o réxime [[Sanacja]] quedou en mans dos coroneis ata o estalido da [[segunda guerra mundial]].