Józef Piłsudski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
=== Retiro oficial (1922-1926) ===
Piłsudski rexeitou unha pensión gobernamental e retirouse á súa casa nos arredores de Varsovia, agasallo dos seus admiradores.<ref name="rothschild249">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 249</ref> Mantívose impartindo conferencias e escribindo artigos e libros, xeralmente de contido político e moi polémicos.<ref name="rothschild249"/>
 
O goberno entregouse pronto a tratar de desfacer a obra do mariscal no Exército, tratando de sometelo ao poder civil mediante plans de reorganización dos seus adversarios,<ref name="rothschild249"/> á vez que se desencadeou unha campaña de desprestixio da súa figura e se o mantiña baixo vixilancia.<ref name="rothschild250">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 250</ref> A dereita tratou de implicalo en certos xuízos por espionaxe a favor da [[Unión Soviética]], sen éxito.<ref name="rothschild250"/>
 
Piłsudski, pola súa banda, continuou a súa dura polémica cos seus adversarios sobre o modelo de mando das forzas armadas e a súa subordinación ao goberno, que o mariscal vía como negativa e conducente á utilización das mesmas nas rivalidades partidistas, mentres que os seus opositores a consideraban necesaria para sometelas ao control democrático.<ref name="rothschild251">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 251</ref>
 
A crecente tensión entre partidarios e detractores do mariscal,<ref name="rothschild254">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 254</ref> a agudización da crise económica,<ref name="rothschild256">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 256</ref> o empeoramento da situación internacional para Polonia coa firma dos [[Tratado de Locarno|tratados de Locarno]] e [[Tratado de Berlín|Berlín]] e a crónica inestabilidade gobernamental, na que se sucederon os gabinetes (catorce ata 1926<ref name="rothschild242"/>) fixeron que os admiradores do mariscal fosen vistos cada vez máis como a figura providencial para a nación, convidándoo cada vez máis abertamente a tomar o poder pola forza.<ref name="rothschild257">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 257</ref>
 
En novembro de 1925 Piłsudski, trala caída do goberno de [[tecnócrata]]<nowiki/>s de Grabski, advertira o presidente da república de que non estaba disposto a admitir máis cambios no exército.<ref name="rothschild256">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 256</ref> O presidente declarouse incapaz de pór fin á crise política.<ref name="rothschild257">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 257</ref> A partir dese momento e durante o inverno e a primavera de 1926 a tensión creceu e os partidarios do mariscal prepararon a súa volta á política mediante un golpe de estado.
 
=== Golpe de estado e réxime autoritario (1926-1935) ===