Józef Piłsudski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 29:
=== Xefatura de Estado (1918-1922) ===
[[Ficheiro:Herb_Piłsudski.PNG|esquerda|miniatura|150x150px|Escudo da familia Piłsudski, variante do Clan Kościesza.]]
Trala [[primeira guerra mundial]] volveu a [[Varsovia]] liberado polos alemáns da prisión de [[Magdeburgo]] (10 de novembro de 1918<ref name="rothschild257">[[#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 257</ref>) e foi nomeado xefe de Estado e comandante en xefe do [[exército polaco]], converténdose na práctica en [[Ditadura|ditador]] de Polonia.<ref name="rothschild257"/> O 20 de febreiro de 1919 a nova asemblea constituínte elixida en xaneiro nomeouno oficialmente xefe do Estado.<ref name="rothschild257"/>
 
Durante ese período, loitou activamente contra o [[Bolxevique|bolxevismo]], dirixindo persoalmente os Exércitos polacos durante a guerra [[Guerra polaco-soviética|Guerra Polaco-Soviética]] como comandante en xefe das forzas armadas.<ref name="rothschild244">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 244</ref>
 
O principal interese de Piłsudski foi o Exércitoexército.<ref name="rothschild244">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 244</ref> Impediu o nomeamento de ministros de Defensa nos primeiros gobernos polacos para manter o control persoal do mesmo,<ref name="rothschild244"/> e asegurouse o nomeamento dun ministro afín (antigo compañeiro de prisión durante a guerra), o xeneral [[Kazimierz Sosnkowski]], que se mantivo no cargo a pesar dos cambios de goberno ata a primavera de 1923.<ref name="rothschild245">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 245</ref>
 
O 17 de marzo de 1921 os seus rivais da [[Dereita política|dereita]] lograron aprobar a nova constitución de carácter marcadamente parlamentarista en que a presidencia do Estado apenas tiña poderes.<ref name="rothschild246">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 246</ref> A súa idea era impedir que Piłsudski, cun gran prestixio que o facía o candidato evidente á presidencia, controlase a política nacional.<ref name="rothschild246"/> O mariscal, en resposta, negouse a presentarse ás eleccións de decembro de 1922.<ref name="rothschild247">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 247</ref> Ese mesmo mes foi nomeado xefe do Estado maior, substituíndo a un dos seus rivais militares, o xeneral [[Władysław Sikorski]].<ref name="rothschild245">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 245</ref>
 
Cando ese mesmo mes o seu candidato e amigo persoal, [[Gabriel Narutowicz]], foi asasinado por un mozo fanático de dereitas que confesou que preferiría asasinar a Piłsudski, este acusou a dereita de estar detrás da morte e a súa animadversión cara aos seus rivais afondou.<ref name="rothschild247">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 247</ref> Cando a dereita, co novo apoio do [[Partido Campesiño Piast]] de [[Wincenty Witos]], formou o primeiro gabinete na primavera de 1923 Piłsudski negouse a colaborar co novo goberno e abandonou paulatinamente os seus cargos oficiais.<ref name="rothschild249">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 249</ref>
 
==== Ideas políticas e rivais ====
As súas ideas políticas eran moi distintas ás de [[Roman Dmowski]], quen cría que era posible unha autonomía dentro do Imperio ruso, ou unha alianza con este. Piłsudski, en cambio, era partidario dunha alianza con Alemaña e da creación de Estados intermedios independentes ([[Belarús]], [[Ucraína]]) entre Rusia e Polonia. Para iso alentou dende o goberno o proxecto [[Międzymorze]] en favor dunha federación de estados de [[Europa Oriental]] ansiosos de evitar a dominación política e económica por parte de Alemaña ou da [[Unión Soviética|URSS]]; este proxecto non resultou atractivo para o resto de estados do leste europeo ao ser demasiado evidente que Piłsudski promovía unha unión baixo a dirección de Polonia, e dado que Lituania rexeitaba repetir a experiencia da [[República das Dúas Nacións]], e o plan tampouco recibiu acollida favorable en [[Checoslovaquia]] debido a unha serie de controversias territoriais checo-polacas. A esta oposición cumpría agregar a negativa evidente da URSS de apoiar semellante plan que ameazaba a súa hexemonía en Europa Oriental.
 
Piłsudski enfrontouse a dous rivais principais: os seus adversarios militares dentro do Exército, que lle disputaban o control sobre o mesmo e a forma de organizar as forzas armadas,<ref name="rothschild242"/> e os conservadores, principalmente o [[Endecja|Partido Nacional Democrático]] de Dmowski, que o odiaban como antigo socialista, combatente contra Rusia e antigo aliado de Alemaña, suposto defensor das minorías do Estado e partidario do federalismo.<ref name="rothschild246">[[Józef Piłsudski#Bibliografía|Rothschild (1962)]], p. 246</ref> A rivalidade entre os partidarios do mariscal e os seus opositores caracterizou a política polaca de entreguerras.
 
=== Retiro oficial (1922-1926) ===