Tohoku Rakuten Golden Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 30:
Os Eagles debutaron na temporada 2005 cunha vitoria 3−1 ante os [[Chiba Lotte Marines]]. Con todo, o resto da campaña supuxo un fracaso para as súas expectativas ao quedar últimos cunha marca de 38−97−1. En 2006 o equipo fichou ao técnico Katsuya Nomura, o adestrador máis vello da historia da competición. Despois de finalizar con récords negativos (máis derrotas que vitorias) nas súa primeiras catro temporadas, o equipo acabou en segundo lugar da Liga do Pacífico no ano 2009 por detrás dos [[Hokkaido Nippon-Ham Fighters]]. Nos playoffs gañaron na primeira fase ao mellor de tres xogos aos [[Fukuoka SoftBank Hawks]] (2−0), máis na seguinte fase, a anterior as [[Series do Xapón]], caeron ante os [[Hokkaido Nippon-Ham Fighters]] por 4−1. Tras a eliminatoria Nomura anunciou a súa retirada aos 74 anos.
 
Para a temporada 2010 contratouse como adestrador ao [[Estados Unidos|estadounidense]] Marty Brown, antigo técnico dos [[Hiroshima Toyo Carp]]. Con todo, foi despedido tras unha súa temporada tras finalizar os Eagles en último lugar. O seguinte en ocupar o banco sería o membro do Saón da Fama Senichi Hoshino, que permaneceu no equipo durante catro temporadas. Con Hoshino chegou o primeiro gran éxito da franquía. Na temporada 2013 o equipo acaba en primeiro lugar na Liga do Pacífico (82−59−3) e nos playoffs conseguen eliminar aos [[Chiba Lotte Marines]] (4−1), conseguindo así a súa primeira participación nas Series do Xapón. O debut nas Series non puido ser mellor, xa que conseguiron derrotar aos [[Yomiuri Giants]] por 4−3 tras vecer no sétimo e decisivo partivo (xogado no Estadio de Miyagi) por 3−0. O pitcher Manabu Mima foi nomeado mellor xogador das series.
 
=== Nomes ===