Diferenzas entre revisións de «Clarescuro»

m
A Última Cea (Tintoretto)
m
m (A Última Cea (Tintoretto))
 
O termo [[italia]]no ''chiaroscuro'', aínda que significa aparentemente o mesmo, é empregado máis especificamente para unha técnica de gravado en [[xilografía]], que por medio de pranchas complementarias dá cores ás imaxes, como se fosen pintadas á [[acuarela]]. O primeiro uso coñecido do termo, con este significado, atribúese ó gravador italiano [[Ugo da Carpi]], quen tería tomado a idea de composicións de orixe alemá ou flamenga. Nos gravados de Da Carpi, o efecto do clarescuro destaca unha figura central iluminada por unha fonte de luz normalmente ausente do plano do cadro; porén, as áreas escuras non están tan acentuadas como chegarían a verse na obra dos principais difusores do ''chiaroscuro'', Caravaggio e [[Giovanni Baglione]].
 
A técnica impoñeríase tamén entre os [[manierismo|manieristas]], sendo exemplos deste uso a ''[[A Última Cea (Tintoretto)|Última Cea]]'' de [[Tintoretto]] ou o seu ''Retrato de dous homes'', que presaxia as composicións de [[Rembrandt]]. O pintor holandés foi un dos máis conspicuos practicantes do clarescuro, utilizando a luz na súa composición para destacar soamente o seu obxecto específico.
 
==Tenebrismo==
104.582

edicións