Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

m
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlántica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Onda a súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
Contra os anos 2010-2012, [[FerroAtlántica]] veuse involucrada en varios procesos xudiciais tanto polo procedemento de concesión de licenzas para controlar o caudal ecolóxico<ref>{{cita web|editor=[[El País]]|data-acceso=2019/05/24|título=Medio Ambiente admite que Fraga dio un permiso irregular a Villar Mir|url=https://elpais.com/diario/2010/12/15/galicia/1292411894_850215.html}}</ref> como polo desastre ecolóxico<ref>{{cita web|editor=[[El País]]|data-acceso=2019/05/24|título=Hernández usa una multa a Ferroatlántica para recuperar el Xallas|url=https://elpais.com/ccaa/2012/05/14/galicia/1337024905_919087.html}}</ref>.
 
Até 2012 as augas céibanse soamente os domingos do verán ao mediodía. Desde [[2006]], ampliouse o horario aos sábados á noite, cun espectáculo de luces. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días.<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2011/04/14/ezaro-recupera-cascada-xallas/0003_201104G14P8991.htm|data=2011-04-14|páxina-web=La Voz de Galicia|título=O Ézaro recupera la cascada del Xallas|data-acceso=2019-02-02|lingua=es}}</ref>
19.770

edicións