Felipe Criado Boado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
elexir > elixir
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 18:
Licenciado pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1982 e doutorado en 1989. Foi profesor titular da USC dende 1991. En 2000 entrou no [[CSIC]] como Profesor de Investigación no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais<ref>[http://www.aecientificos.es/empresas/aecientificos/otros/felipe_criado.htm Felipe Criado Boado] na web da Asociación Española de Científicos {{es}}.</ref>.
 
A súa maior achega foi a definición e consolidación da [[arqueoloxía da paisaxe]]: [[neolítico]], [[megalitismo]], [[idade de bronce]], [[cultura castrexa]] ou [[arte rupestre]]. Foi creador en 1991 do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Santiago de Compostela. Este grupo integrouse en 1997 no Instituto Tecnolóxico da USC como Laboratorio de Arqueoloxía e formas culturais. En maio de 2010 pasou a ser unha unidade asociada ao [[Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento]] do CSIC como [[Instituto de Ciencias do Patrimonio]] (INCIPIT) constituído por máis de trinta investigadores e técnicos<ref>[http://www.galegos.info/felipe-criado-boado Felipe Criado Boado] en ''Galegos''.</ref>.
 
En 2008 un artigo do catedrático [[Xosé Carlos Bermejo Barrera]] da USC crítico co método de investigación arqueolóxico do equipo de Felipe Criado Boado e a Xunta de Galicia foi censurado polo CSIC<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2008/05/21/csic-censura-articulo-critico-politica-arqueologica-xunta/192029.html "El CSIC censura un artículo crítico con la política arqueológica de la Xunta"], artigo en ''La Opinión de A Coruña'', 21 de maio de 2008 {{es}}.</ref>.