Narrador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
m Arranxiño
 
Liña 3:
Na [[literatura]], un '''narrador''' é un ser ficticio (pode ser un personaxe) que conta a historia nunha obra narrativa. A todo narrador correspóndelle un [[narratario]]. O resto deste artigo trata especialmente deste concepto.
 
O narrador é a instancia narrativa que regula a [[modalidade]] da información. Non podería haber [[relato]] se non houbese narración. O narrador non se identifica nin co [[autor|autor real]] nin co ideal. Nin sequera o narrador-autor que aparece en tantas novelas é o autor real biograficamente caracterizado e individualizado, senón un tipo de narrador especial, unha invención -en verdade moi próxima a un [[alterálter ego]]- do [[autor|autor ideal]]. Así pois, é o narrador, o que ás veces desde o relato dialoga co lector, quen recorre a enunciados metanarrativos, quen expresa reflexións, suxire relacións ou acontecementos.
 
Cando hai un narrador secundario no discurso denomínase [[paranarrador]] (un narrador conta que un paranarrador narra algo) . Ó paranarrador correspóndelle un [[paranarratario]], aquel ó que o paranarrador lle conta a historia (un narrador conta a un [[narratario]] que un paranarrador narra algo a un paranarratario).