Relicario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Relicario
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 46.222.54.159 (conversa); cambiado á última versión feita por Corribot
Etiqueta: Reversión
Liña 5:
 
== Relicarios do cristianismo ==
Estiveron en uso co nome de ''encólpium'' xa nos primeiros séculos da Igrexa, aínda que por entón tiñan carácter privado e levábanse pendentes do pescozo en forma de caixiñas ou [[medalla]]s con figuras e inscricións. Constan exemplares polo menos do [[século IV]] e son célebres os que se atopan ([[século VI]]) no ''Tesouro de Monza'', regalados por [[San Gregorio]] á raíña [[Teodolina]]. Entre eles, atópanse certas botelliñas moi comúns naquela época, que só contiñan algodón empapado en aceite bendicido ou tomado das lámpadas que ardían á veira do [[sepulcro]] dalgún [[mártir]]. Para a veneración pública das reliquias naqueles primeiros sepulcros e [[Altar (relixión)|altares]] que as contiñan. Pero dende o [[século IX]] comezaron a colocarse ademais sobre o altar relicarios<ref>{{Cita web|título=Guardapelo|url=https://www.porsiempre.es/guardapelo/|páxina-web=Por Siempre|data=2019-05-02|data-acceso=2019-05-23|lingua=es|nome=Por|apelidos=Siempre}}</ref> en forma de caixiñas e arquetas.
 
Esta forma de relicario continuou nos séculos posteriores ata a época de arte oxival sendo preferidas as [[arqueta]]s máis ou menos capaces e ricas, segundo a magnitude das reliquias e a magnificencia do doante e aproveitándose con frecuencia para o obxecto arquetas de uso profano. Destas, pódense citar: