Diferenzas entre revisións de «Oferta e demanda»

Engadidas ligazóns internas
(engado control de autoridades)
(Engadidas ligazóns internas)
{{ligazóns internas}}{{sen referencias|data=maio de 2015}}{{Atención|data=maio de 2015}}
[[Ficheiro:Supply-and-demand.svg|miniatura|300px|O prezo P dun produto está determinado por un equilibrio entre a produción a cada prezo (oferta S) e os desexos dos que teñen poder adquisitivo a cada prezo (demanda D). O gráfico mostra un desprazamento positivo na demanda de D1 a D2, que da lugar a un aumento no prezo (P) e na cantidade vendida (Q) do produto.]]
En [[microeconomía]], a '''lei da oferta e da demanda''' é un modelo económico que establece os prezos de [[mercado]]. Segundo este concepto, nun mercado competitivo, o prezo unitario dun ben concreto varía até se asentar nun punto no que a cantidade demandada polos consumidores (a [[prezo]] actual) iguale a cantidade proporcionada polos produtores (tamén a prezo actual). Isto terá como resultado un equilibrio económico entre o prezo e a cantidade. As catro normas básicas que regulan a oferta e a demanda son:
As catro normas básicas que regulan a oferta e a demanda son:
 
1. Se a demanda aumenta (a curva de demanda desprázase cara á dereita) e a oferta permanece sen cambios, prodúcese unha escaseza de bens que provocará un prezo de equilibrio máis elevado.
 
== Representación gráfica da oferta e da demanda ==
Aínda que é habitual que tanto a cantidade demandada como a ofertada se consideren funcións do prezo dos bens, a representación gráfica estándar (cuxa autoría se atribúe a Alfred Marshall) sitúa o prezo no eixe vertical e a cantidade no horizontal, o que supón unha disposición oposta á convención estándar para a representación de [[Función|funcións matemáticas]].
 
Ademais, dado que no gráfico non están representados explicitamente máis factores determinantes da oferta e da demanda que o do prezo dos bens proden cuestión, os cambios nos valores destas variábeis reflíctense na mudanza das curvas da [[Gráfica dunha función|gráfica]] (a miúdo descritos como «desprazamentos» das curvas). Pola contra, as reaccións a estas variacións no prezo dos produtos represéntanse cos movementos das curvas da oferta e da demanda.
 
=== A curva de oferta ===
A curva de oferta representa a relación entre o prezo dun ben e a cantidade ofertada. Se se parte da hipótese da competencia perfecta, a oferta vese determinada polo [[custo marxinal]], o que significa que as empresas producirán cantidades adicionais sempre que o custo desta produción de unidades extra sexa inferior ao prezo que cobrarán.
 
Un aumento dos prezos das [[Materia prima|materias primas]] provocaría o descenso da oferta e a consecuente subida dos custos, mentres que unha redución incrementaría esta oferta, baixaría os custos e prexudicaría aos produtores ao diminuír o excedente do produtor. Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de oferta require que a empresa sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia ningunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de oferta é a resposta á pregunta de «se unha empresa “se enfrontase” a este prezo potencial, canta produción podería e estaría disposta a vender?» Se unha empresa ten poder de mercado, a súa decisión sobre canto produto podería ofrecerlle a este inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería menos relevante.
Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de oferta require que a empresa sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia algunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de oferta é a resposta á pregunta de «se unha empresa “se enfrontase” a este prezo potencial, canta produción podería e estaría disposta a vender?» Se unha empresa ten poder de mercado, a súa decisión sobre canto produto podería ofrecerlle a este inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería menos relevante.
 
Os economistas distinguen entre a curva de oferta dunha empresa dada e a curva de oferta do mercado. Esta última obtense sumando as cantidades ofertadas por tódolos provedores para cada prezo potencial. Deste xeito, as curvas de oferta das empresas representadas na gráfica súmanse horizontalmente para obter a curva de oferta do mercado.
Os factores determinantes da oferta son:
 
# Os [[custos]] de [[produción]]: canto custa producir bens. Os custos de produción son aqueles relacionados cos custos dos factores produtivos, fundamentalmente a man de obra, o capital, a enerxía e os materiais. Estes dependen da [[tecnoloxía]] empregada na produción e/ou dos avances tecnolóxicos. Ver: produtividade.
# As expectativas das empresas no que respecta aos prezos futuros.
# O número de provedores.
A curva de demanda representa a cantidade de certos produtos que os compradores poden e están dispostos a adquirir a diferentes prezos, asumindo que, fóra do prezo dos bens en cuestión, tódolos factores determinantes coma os ingresos, os gustos e as preferencias, o prezo dos bens substitutivos e o prezo dos bens complementarios permanecen inalterados. Por outro lado, segundo a lei da demanda, a curva de demanda case sempre se representa de maneira descendente, o que significa que a medida que os prezos diminúen, os consumidores compran máis cantidade dese produto.
 
Do mesmo modo que as curvas de oferta reflicten curvas de custo marxinal, as curvas de demanda veñen dadas por curvas de utilidade marxinal. Os consumidores estarán dispostos a mercar unha determinada cantidade de bens a un prezo concreto, sempre que a utilidade marxinal do consumo adicional sexa igual ao custo de oportunidade marcado polo prezo, é dicir, á utilidade marxinal das escollas de consumo alternativas. Así, a curva de demanda defínese como a «disposición» e a «capacidade» dun consumidor para adquirir un determinado produto nun período de tempo concreto. Como xa se mencionou antes, a curva de demanda adoita ser descendente, aínda que existen casos illados nos que a curva de demanda dun ben tende a ascender. Por exemplo, dous casos hipotéticos diferentes nos que isto ocorre son o dos [[Ben de Giffen|bens de Giffen]] (produtos básicos aínda que de baixa calidade) e o dos bens de Veblen (produtos que canto maior sexa o seu prezo, máis populares son).
Como xa se mencionou antes, a curva de demanda adoita ser descendente, aínda que existen casos illados nos que a curva de demanda dun ben tende a ascender. Por exemplo, dous casos hipotéticos diferentes nos que isto ocorre son o dos bens de Giffen (produtos básicos aínda que de baixa calidade) e o dos bens de Veblen (produtos que canto maior sexa o seu prezo, máis populares son).
 
Debido á súa natureza, conceptualizar a curva de demanda require que o comprador sexa un competidor perfecto, é dicir, que non teña influencia algunhaningunha sobre os prezos de mercado. Isto é así porque cada punto na curva de demanda é a resposta á pregunta de «se este consumidor “se enfrontase” a este prezo potencial, que cantidade deste produto compraría?» Se un comprador ten poder de mercado, a súa decisión sobre a cantidade que merca inflúe nos prezos de mercado; desta forma non se ve na obriga de se «enfrontar» a ningún prezo, polo que a pregunta anterior sería irrelevante.
 
Como xa ocorría coas curvas de oferta, os economistas tamén distinguen entre a curva de demanda dunha dada empresa e a curva de demanda do mercado. Esta última obtense sumando as cantidades demandadas por tódolos consumidores para cada prezo potencial. Deste xeito, as curvas de demanda das empresas representadas na gráfica súmanse horizontalmente para obter a curva de demanda do mercado.
10.707

edicións