Liña de alta velocidade Córdoba-Málaga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios + cda
m →‎Historia: Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
Liña 4:
 
== Historia ==
A liña de alta velocidade Córdoba-Málaga, que pode ser considerada parte do [[novo acceso ferroviario a Andalucía]], intégrase no [[PEIT]] ([[Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte]] do [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]], 2005-2020) cun investimento estimado de 2.100 millóns de euros. A súa construción e explotación foi encomendada a [[Administrador de Infraestruturas Ferroviarias|Adif]].
 
A liña discorre por 19 termos municipais das provincias andaluzas de [[Provincia de Córdoba|Córdoba]], [[Provincia de Sevilla|Sevilla]] e [[Provincia de Málaga|Málaga]]. Ten a súa orixe no km 357.997 da [[LAV Madrid-Sevilla]], á altura de [[Almodóvar del Río]] ([[Provincia de Córdoba|Córdoba]]), onde comezan os desvíos da Bifurcación Málaga AV. Desde o devandito punto a lonxitude da liña é de 155 km, o que supón unha lonxitude total desde a [[estación de Córdoba]] ata a [[Estación de Málaga-María Zambrano|estación de Málaga]] de 169 km, fronte ao 199 km da liña convencional. A velocidade máxima permitida é de 350 km/h.