Manuel Prieto Marcos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de Arturo Prieto Pérez, natura de [[Ourense]], e Tomasa Marcos Romo, nada en [[Hinojosa de Duero]] ([[Provincia de Salamanca]]), que morreron prematuramente. Manuel estudou [[solfa]] e ingresou na banda do Rexemento de Infantería Murcia, con base no Cuartel de Barreiro, en [[Lavadores, Vigo|Lavadores]], [[Vigo]], onde foi [[solista]] de [[óboe]].<ref name="DELRIEGO">{{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |nome=F. |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |título=[[Diccionario de escritores en lingua galega]] |editorial= [[Ediciós do Castro|Do Castro]] |ano=1992 |ano-orixinal=1990 |páxinas=352-353 |isbn=84-7492-465-0 |ref=harv }}</ref> En 1925 foi nomeado subdirector da Banda Municipal de [[Vilagarcía de Arousa]]. Casou. En [[1928]] emigraron á [[Arxentina]], instalándose primeiramente en [[Concordia (Arxentina)|Concordia]], [[Provincia de Entre Ríos]], e despois en Buenos Aires, onde Manuel dirixiu agrupacións corais, compuxo pezas como ''Cantarela'', ''Canto de nenos'', ''Romaxe'' e ''Ruada'' e harmonizou melodías populares galegas.<ref name="DBG">{{Cita libro |artigo=Prieto Marcos, Manuel |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=137 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}</ref>
 
Colaborou en ''[[Correo de Galicia (Buenos Aires)|Correo de Galicia]]'', ''[[Abrente (1940)|Abrente]]'', ''[[Alalá (revista)|Alalá]]'', ''Dolmen'', ''[[Galicia (Buenos Aires)|Galicia]]'', ''[[Lugo (1943)|Lugo]]'', ''[[Mundo Gallego (1951)|Mundo Gallego]]'', ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'' e ''[[A Fouce (Buenos Aires)|A Fouce]]''.<ref name="VILAVEDRA2">{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=1997 |título=Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas |url=https://books.google.es/books?id=0OHut70JIM8C&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false |volume=II |páxina= |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-137-X |ref=harv }}</ref> e escribiu un único [[libro]] de poesía, de 59 páxinas,<ref name="DELRIEGO"/> ''Versos en gama de gaita'', publicado en [[1943]] por Edicións das Mocedades Galegas con portada de [[Luís Seoane]], que foi reeditado por Edicións Nós, tamén en Buenos Aires, en [[1970]].