Guerra de Inverno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5154785 de Maria zaos (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Maria zaos (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 38:
A '''guerra de Inverno'''{{refn|group=lower-alpha|Este nome é tradución dos seguintes: [[lingua finesa|finés]]: ''talvisota'', en [[lingua sueca|sueco]]: ''vinterkriget'', en [[lingua rusa|ruso]]: ''Зимняя война'', ''(Zimnjaja vojna)''. Os nomes '''Guerra Soviético–Finlandesa 1939–1940''' ({{lang-ru|link=no|Сове́тско-финская война́ 1939–1940}}) e '''Guerra Unión Soviética-Finlandia 1939–1940''' ({{lang-ru|link=no|Сове́тско-финляндская война́ 1939–1940}}) son frecuentemente empregados na [[historiografía]] rusa;<ref>[[#Baryshnikov2005|Baryshnikov (2005)]]</ref><ref>[[#Kovalyov2006|Kovalyov (2006)]]</ref><ref>[[#Shirokorad2001|Shirokorad (2001)]]</ref> '''Guerra Ruso-Finlsndesa 1939–1940''' ou '''Guerra Fino-Rusa 1939–1940''' é empregado no catálogo da [[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos]] (véxase control de autoridades).}} foi un conflito militar entre a [[Unión Soviética]] e [[Finlandia]]. Comezou cunha ofensiva soviética o día [[30 de novembro]] de [[1939]] (dous meses despois do inicio da [[Segunda Guerra Mundial]] e da [[invasión soviética de Polonia]]), e rematou o [[13 de marzo]] de [[1940]] co [[Tratado de paz de Moscova]]. A [[Sociedade de Nacións]] considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o [[14 de decembro]] de 1939.
 
Os soviéticos tiñan tres veces máis soldados que os fineses, trinta veces máis avións, e cen veces máis tanques. O [[Exército Vermello]], porén, fora paralizado pola [[Gran Purga]] de [[Iosif Stalin]] de [[1937]], reducindo a moral e a eficacia do exército pouco tempo antes do inicio da guerra. Con máis de 30.000 dos seus oficiais executados ou presos, incluídos moitos altos mandos, o Exército Vermello en 1939 tiña moitos oficiais de nivel medio e alto inexpertos. Debido a estes factores, e a alta moral das forzas finesas, [[Finlandia]] foi capaz de resistir a invasión soviética moito máis tempo do que os soviéticos agardaban.{{HarvnpHarvnb|Ries|1988|pp=79–80}}
 
As hostilidades remataron o 13 de marzo de 1940 coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á [[Unión Soviética]]. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, e a reputación internacional do país sufriu. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente [[Finlandia]], pero gañaron terreo substancial ao longo do [[lago Ladoga]] e territorio no norte do país.{{Harvnp|VanDyke|1997|p=44}} Os fineses, porén, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.