Estación de Burgos-Rosa de Lima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
m →‎Historia: Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
Liña 26:
 
[[Ficheiro:Intercity_Vitoria_Madrid_en_Burgos.JPG|250px|miniatura|[[Intercity, Renfe|Intercity]] entrando na estación.]]
Para a execución da obra do desvío ferroviario da liña [[Madrid]]-[[Irún]] polo norte da cidade e a súa conexión coa liña [[Madrid]]-[[Aranda de Duero]]-[[Burgos]] asinouse un acordo entre o Concello da cidade, o [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]] e [[Renfe]] (despois [[Administrador de Infraestruturas Ferroviarias|ADIF]]), entidades que despois formaron un consorcio que se encargou da venda das parcelas que foron perdendo uso ferroviario, utilizando as plusvalías obtidas para sufragar o custo do desvío e outras actuacións complementarias como a nova estación de mercadorías Burgos-Villafría.
 
A obra tardou varios anos en realizarse e levou a construción da actual estación de viaxeiros e da sinalada estación de mercadorías. Foi inaugurada oficialmente o [[12 de decembro]] de [[2008]] por numerosas personalidades do mundo da política, como a entón ministra de Fomento, [[Magdalena Álvarez]], o entón presidente da [[Xunta de Castela e León]], [[Juan Vicente Herrera]], e o alcalde da cidade naquel momento [[Juan Carlos Aparicio]], personalidades que realizaron unha viaxe -que non volveu repetirse- entre a antiga estación Burgos-Avenida e a nova Burgos-Rosa de Lima a bordo dun tren da serie 130 de Renfe. Con todo, non foi ata o 15 de decembro cando a nova estación comezou a operar (con relativa normalidade, aínda que aínda en obras).