Abrir o menú principal

Cambios

As focas barbudas dan a luz na primavera. No Ártico canadense, as crías nacen en maio.<ref name="uoguelph"/> En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.<ref>Andersen, Magnus, et al. "[https://brage.bibsys.no/xmlui/bitstream/handle/11250/174308/AndersenPolarBiol1999.pdf?sequence=1 Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway]." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.</ref> Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40&nbsp;kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3&nbsp;kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8&nbsp;L de leite diarios. No momento do destete pesan uns 100&nbsp;kg.
 
Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecenpero permanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o [[territorio (animal)|territorio]] ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.<ref>{{cite book | title = Encyclopedia of the Arctic | author = Nuttal | publisher = Routlelege | location = New York, NY | year = 2005|display-authors=etal}}</ref>
 
Como moitos mamíferos do Ártico, empregan unha estratexia reprodutora denominada [[implantación retardada]], que consiste en que o [[blastocisto]] tarda dous meses en implantarse despois da fecundación, implantándose xeralmente en xullo. Así, o período de [[xestación]] total da foca é duns once meses, aínda que a súa xestación activa é de nove meses.<ref>{{cite book | author = Perry, Judith E. | title = Seals of the World | publisher = Comstock Publishing Associates | location = Ithaca, NY | year = 1983 | page = 103}}</ref>
 
Os predadores naturais desta foca son os [[oso polar|osos polares]], para os cales estas focas son unha importante fonte de alimento.<ref name="Bearded seal">{{cite web|title=Erignathus barbatus – bearded seal|url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Erignathus_barbatus/|publisher=Animal Diversity Web}}</ref> As [[candorca]]s tamén as depredan, ás veces envorcando os xeos flotantes para acceder a elas. As [[morsa]]s tméntamén comen estas focas, esencialmente as crías, pero esta depredación é rara.<ref>Folkens, Peter (2002). ''National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World.'' New York, pg. 117.</ref>
 
As focas barbudas crese que viven ata os 31 anos.<ref>National Marine Mammal Laboratory [http://www.afsc.noaa.gov/nmml/education/pinnipeds/bearded.php#die Bearded Seals] Retrieved May 1, 2016</ref>
174.839

edicións