Abrir o menú principal

Cambios

[[Ficheiro:Beardedsealpup.jpg|miniatura|esquerda|Cría de foca barbuda]]
 
As focas barbudas dan a luz na primavera. No Ártico canadense, as crías nacen en maio.<ref name="uoguelph"/> En Svalbard, chegan á madureza sexual aos 5 ou 6 anos de idade.<ref>Andersen, Magnus, et al. "[https://brage.bibsys.no/xmlui/bitstream/handle/11250/174308/AndersenPolarBiol1999.pdf?sequence=1 Growth, age at sexual maturity and condition in bearded seals (Erignathus barbatus) from Svalbard, Norway]." Polar Biology 21.3 (1999): 179-185.</ref> Paren as crías en pequenos xeos flotantes en augas pouco profundas, as cales adoitan pesar de 30 a 40&nbsp;kg. Entran na auga só unhas horas despois de que nacen e rapidamente se converten en hábiles mergulladores. As nais coidan as crías durante de 18 a 24 días, durante os cales estas aumentan uns 3,3&nbsp;kg de media por día. Durante este tempo, as cías toman unha media de 8&nbsp;L de leite diarios. No momentodomomento do destete pesan the uns 100&nbsp;kg.
 
Xusto antes de que as crías sexan destetadas, comeza nas femias un novo ciclo de apareamento. As femias ovulan ao final do seu período de lactación, peropermanecen preto das crías, preparadas para defendelas se for necesario. Durante a estación de apareamento, os machos "cantan", emitindo unha nota trilante moi longa que acaba nunha especie de queixume ou salaio. Este son pode atraer as femias ou pode utilizarse para proclamar o [[territorio (animal)|territorio]] ou a dispoñibilidade para aparearse. Os machos ocupan as mesmas áreas dun ano para outro.<ref>{{cite book | title = Encyclopedia of the Arctic | author = Nuttal | publisher = Routlelege | location = New York, NY | year = 2005|display-authors=etal}}</ref>
174.708

edicións