Erignathus barbatus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
 
== Alimentación ==
Teñen unha alimentación principalmente [[bentos|bentónica]], e comen diversas pequenas presas que encontran no fondo do océano, como [[ameixa (molusco)|ameixas]], [[lura]]s e [[peixe]]s. Os seus bigotes sérvenlles para tentear o terreo<ref>Saundry, Peter. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal ''Bearded seal''] {{webarchive |url=https://web.archive.org/web/20100704151159/http://www.eoearth.org/article/Bearded_seal |date=July 4, 2010 }}. Encyclopedia of Earth. Topic editor C. Michael Hogan, Ed.in Chief: Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC</ref> nos brandos sedimentos do fondo. Os adultos non adoitan mergullarse moito durante os meses de verán, preferindo zonas costeiras pouco profundas de non máis de 300&nbsp;m de profundidade. As crías dun ano de idade aventúranse a moita maior profundidade, mergullándose ata os 450&nbsp;m. Nun estudo realizado durante os meses de verán comprobouse que se alimentaban de invertebrados como [[Actiniarios|anemones]], [[cogombro de mar|cogombrocogombros de mar]] e vermes [[poliquetos]].<ref name="Finley"/> O mesmo estudo encontrou que os peixes ''[[Cottoidea]]'' e o ''[[Arctogadus glacialis]]'' constituían a maior parte dda súa dieta de verán. Os cotoideos eran os peixes máis grandes que comían. Poden comer peixes peláxicos e [[demersal|demersais]] ademais das súas presas bentónicas.<ref>{{Cite journal|last=Finley|first=K. J.|last2=Evans|first2=C. R.|date=1983-01-01|title=Summer Diet of the Bearded Seal ( Erignathus barbatus ) in the Canadian High Arctic|url=https://arctic.journalhosting.ucalgary.ca/arctic/index.php/arctic/article/view/2246|journal=ARCTIC|language=en-US|volume=36|issue=1|pages=82–89|doi=10.14430/arctic2246|issn=1923-1245}}</ref>
 
== Reprodución e forma de vida ==