Hüsker Dü: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 22:
=== A formación e o inicio hardcore ===
En [[1979]] o guitarrista/vocalista [[Bob Mould]] era estudante de primeiro ano no Macalester College en St. Paul, Minnesotta e frecuentaba Cheapo Records, unha tenda de discos onde traballaba Grant Hart. Greg Norton e Hart coñecéranse solicitando o mesmo posto na tenda. Hart e Mould uníronse por un amor compartido polos [[Ramones]], e pouco despois recrutaron a Norton e ao teclista Charlie Pine para formar unha banda, Buddy and the Returnables. Comezaron a realizar concertos tocando principalmente versións de temas de rock clásico e dos Ramones. Aos demais membros do grupo non lles gustaba o son dos teclados de Pine e comezaron a ensaiar se el, compoñendo algunhas cancións orixinais.<ref>{{cita libro |apelidos=Azerrad |nome=Michael |título=Our Band Could Be Your Life |ano=2001 |editor=Little Brown and Company |isbn=0-316-78753-1 |páxinas=161 |editor=Little Brown and Company}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos=Mould, Bob & Azerrad, Michael |título=See a Little Light: The Trail of Rage and Melody |ano=2011 |editor=Little Brown and Company |isbn=0-316-04508-X |páxinas=30 |editor=Little Brown and Company}}</ref>
 
O novo nome orixinouse durante o ensaio do tema de [[Talking Heads]] "Psycho Killer.” Incapaces de recordar as porcións en francés cantadas na canción orixinal (como ''Qu'est-ce que c'est?''), no seu lugar berraban palabras en outros idiomas estranxeiros que recordaban, incluído o popular título do xogo Hūsker Dū?
 
A principios dos anos 80, Hüsker Dü conquistou un público local. Tanto Mould como Heart compoñían as cancións e cantaban. En [[1981]], lanzaron o seu primeiro sinxelo, ''Statues'', coa discográfica local Reflex, seguido polo lanzamento do álbum ''Land Speed Record'', que contiña 17 cancións en só 26 minutos, lanzado pola New Alliance Records. Ao final daquel ano, lanzaron un EP igualmente rápido e pesado, ''In a Free Land''.