Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Quilómetro cadrado
m →‎Coroa de Aragón: arranxiños
Liña 634:
A integración dos territorios da Coroa na nova monarquía estivo marcada polo poder hexemónico de Castela. Como en todos os territorios non incorporados na estrutura castelá (Flandres, Indias, Nápoles, Sicilia, Navarra, Biscaia etc.), o [[Consello de Aragón]] e o vicerrei convértense no centro da administración. O Consello Supremo de Aragón era un órgano consultivo da coroa creado en [[1494]], por mor dunha reforma na chancelería real realizada por Fernando o Católico, que desde [[1522]] estaría integrada por un vicechanceler e seis rexentes, dous para o reino de Aragón, dous para o reino de Valencia e dous para o Principado de Cataluña, Mallorca e Sardeña. Pola súa banda, os vicerreis asumiron funcións militares, administrativas, xudiciais e financeiras.
[[Ficheiro:ConstCATMonso1535.png|miniatura|dereita|165px|[[Constitucións catalás]], baseadas nos antigos [[Usatges de Barcelona]]]]
Os conflitos entre as institucións locais e os reis absolutistas sucedéronse ao longo dos séculos modernos, ata a [[Guerra de Sucesión Española|guerra de Sucesión]]. En [[1521]] tiña lugar a rebelión das [[xermanías]], un movemento xurdido en Valencia entre a incipiente burguesía contra a súa aristocracia, que se estendeu ata [[1523]]. En Mallorca tivo lugar nos mesmo anos outro movemento similar, dirixido por [[Joanot Colom]]. A derrota final dos axermanados supuxo unha forte represión e a reafirmación do dominio señorial. Así mesmo, en [[1569]], todos os deputados da [[Generalitat de CatalunyaCataluña]] eran encarcerados baixo a acusación de herexía, no marco da disputa polo pago do imposto do escusado.
 
En [[1591]], tiveron lugar as «[[alteracións de Aragón]]», xeradas cando o Xustiza de Aragón se nega a entregar a Filipe II o ex-secretario do rei, [[Antonio Pérez (secretario real)|Antonio Pérez]], condenado pola morte do secretario de [[Xoán de Austria]], que se refuxiara en Aragón. O monarca transgrediu todos os privilexios aragoneses para apresalo e ata fixo executar a [[Xoán de Lanuza]], que naqueles tempos desempeñaba o cargo de [[Xustiza Maior de Aragón]],.
Liña 640:
Durante o século XVII, as tensións foron bastante maiores. As necesidades financeiras dos monarcas conducíronos a intentar aumentar por todos os medios a presión fiscal sobre os territorios da Coroa de Aragón, tratando de igualar os impostos en toda España. Pero os foros garantían importantes proteccións fronte ás pretensións reais. Os proxectos de [[Unión de Armas]] de Olivares, que buscaban que os outros reinos compartisen as cargas bélicas de Castela, son un exemplo diso.
 
Tras entrar en guerra a coroa con Francia en [[1635]], o envío dos [[terzo]]s sobre Cataluña xerou graves conflitos, que desencadearon a [[guerra dos Segadores]] en [[1640]]. A Generalitat de CatalunyaCataluña, tratando de dominar a sublevación popular, declara a formación dunha República catalá, pero, ante a imposibilidade de mantela, nomea a [[Luís XIII de Francia]] [[conde de Barcelona]]. O conflito terminou coa [[Paz dos Pireneos]] ([[1659]]), pola cal o [[condado do Rosellón]] e a metade norte do [[condado da Cerdaña]] pasaban para sempre a dominio francés e Francia devolvía a España a Cataluña do sur dos Pireneos. Filipe IV non tomou ningunha represalia ante a traizón catalá. A finais do século, en [[1693]], estalaría tamén en Valencia a segunda xermanía, un alzamento campesiño e antiseñorial ao redor da partición das colleitas.
 
Tras o reinado de [[Carlos II]], a [[guerra de Sucesión Española]] dividiu o país. A antiga Coroa de Aragón foi partidaria do [[Carlos VI de Alemaña|Arquiduque Carlos de Austria]], cuxa derrota carrexaría a supresión das súas institucións e foros e a extensión da organización administrativa do Reino de Castela polos [[Decretos de Nueva Planta]].