Corsario, corsaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
Antes do desenvolvemento do [[dereito internacional]] entre as nacións [[Europa|europeas]], non había ningún recurso ao que acollerse para obter satisfacción tras sufrir pequenos agravios. Os corsarios empregábanse para resolver estes asuntos sen entrar en guerra aberta. O goberno dun país proporcionaba unha patente de corso ao propietario dun barco que lle permitía armar o seu barco e atacar a outros barcos que navegaban baixo unha bandeira particular. A cambio, recibían unha porción do botín, indo o resto a parar ás arcas do goberno, o que emendaba o agravio.
 
Para o país obxectivo, o corsario era practicamente igual que un [[pirata]] (en ocasións os corsarios acababan sendo piratas), e ademais esta era a intención. A única diferenza era que os piratas estaban [[proscrito]]s en todas as nacións, mentres que os corsarios tiñan [[inmunidade legal]] no país que os contrataba, e eran consideradosconsiderábanse [[prisioneiros de guerra]] se eran capturados por outros países. Os corsarios ás veces recibían o nome de "piratas cabaleiros". Algúns corsarios recibían tamén o encargo de cazar a outros corsarios, mentres que en ocasións os corsarios incorrían na piratería sen que llo encargasen se entraba nos seus plans.
 
Os países Europeos renunciaron a contratar corsarios na [[Declaración de París]] de [[1856]]. Outros países, como os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] renunciaron a estas prácticas máis tarde, durante as [[Convencións da Haia]] (1899/1907).