Río Missouri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m Arranxiño
Liña 26:
Durante o século XIX, o Missouri foi unha das principais vías para a expansión cara ao [[Vello Oeste]]. A principios de 1800, o crecemento do comercio da [[pel]] causou que os cazadores de peles explorasen a rexión e abrisen novos camiños. A partir da década de 1830, os [[Doutrina do destino manifesto|pioneiros]] dirixíronse en masa ao oeste, primeiro en [[carro]]matos, e logo no crecente número de [[barco de vapor|barcos de vapor]] que empezaron a operar no río. As antigas terras dos nativos na conca foron tomadas polos [[Colonialismo|colonos]], o que levou a algunhas das guerras máis longas e violentas contra os pobos nativos na [[Historia dos Estados Unidos de América|historia estadounidense]].
 
Durante o século XX, a conca do Misaouri desenvolveuse amplamente para a [[Irrigación|rega]], o control de inundacións e a xeración de [[Enerxía hidráulica|enerxía hidroeléctrica]]. Quince [[encoro]]s embalsaron o curso principal do río, con centos máis nos seus afluentes. Os [[meandro]]s reducíronse e o río canalizouse para mellorar a navegación, reducindo a súa lonxitude en máis de 320 km dos tempos anteriores ao desenvolvemento. Aínda que a parte baixa do [[val]] do río Missouri é agora unha rexión [[Economía agrícola|agrícola]] e [[industria]]l, poboada e altamente produtiva, o forte desenvolvemento cobrouse o seu prezo nas poboacións de [[fauna]] e [[peixepeixes]]s, así como na calidade das augas.
 
Varios tramos do Missouri foron declarados como [[Río salvaxe e paisaxístico nacional (Estados Unidos)|río salvaxe e paisaxístico nacional]]: o 12 de outubro de 1976 un longo tramo de 239.8&nbsp;km, en Montana; o 10 de novembro de 1978, outro tramo de 95&nbsp;km, entre Nebrasca e Dacota do Sur; e o 24 de maio de 1991, un último tramo de 62.7&nbsp;km, tamén entre Nebrasca e Dacota do Sur.<ref>Véxase en: «River Mileage Classifications for Components of the june 2008 National Wild and Scenic Rivers System», despoñible no sitio do Servizo Nacional de Parques dos EE.&nbsp;UU., en [https://web.archive.org/web/20120420043639/http://www.rivers.gov/publications/rivers-table.pdf].</ref>