Menxevique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A guerra: Lev Trotski
m →‎A guerra: ligazóns internas
Liña 2:
[[Ficheiro:Mensevikii.jpg‎|miniatura|300px|Os menxeviques Pavel Axelrod, [[Julius Martov]] e Alexander Martínov ([[Estocolmo]], maio de 1917).]]
{{Contén texto cirílico}}
Os '''menxeviques''' (en [[lingua rusa|ruso]] меньшевики, ''mensheviki'') eran a facción moderada do [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso|Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia]].
 
Os menxeviques, encabezados por [[Julius Martov]], sostiñan que non había que esixir pertencer a unha das organizacións de base do partido, como condición para ser recoñecido como membro del; pensaban que era preferible contar cunha base partidaria ampla, a diferenza do modelo de partido único de ''vangarda do proletariado'' que propuña [[Lenin]]. Consideraban que en [[Rusia]] debía cumprirse en primeiro lugar unha revolución [[burguesía|burguesa]] durante a que ó partido obreiro lle correspondería ser a facción da esquerda. Nunha liña [[Socialdemocracia|socialdemócrata]], formulaban a instauración dunha [[democracia representativa]] mantendo a estrutura de produción [[Capitalismo|capitalista]].
Liña 8:
A posición organizativa de Martov sobre o partido contou co apoio maioritario dos delegados presentes no congreso, inmediatamente achouse en minoría á hora de escoller o comité directivo, debido a que algúns delegados se retiraron do congreso porque este non aceptou certas propostas do seu interese; o alcume de menxeviques, "a minoría", provén disto.
 
Pese ás diferenzas, os menxeviques mantivéronse formalmente dentro do partido e foron moi activos na organización dos [[soviet]]s durante a [[Revolución rusaRusa de 1905|Revolución de 1905]]; porén, tras o fracaso desta abandonaron a idea da loita armada, centráronse en trataren de formaren un partido legal e avogaron por unha liquidación progresiva do [[tsarismo]] cara a unha [[revolución burguesa]], na que o terceiro estado compartise o poder. A súa separación do partido fíxose definitiva en [[1912]].
 
== A guerra ==
En [[1914]], Martov, ó igual que os [[Bolxevique|bolxeviques]], opúxose frontalmente á participación na [[Primeira guerra mundial|I Guerra Mundial]]. Porén, en medio da [[Segunda Internacional]], os menxeviques mantiveron posicións diferenciadas e ata diverxentes sobre a guerra: [[Alexander Potrésov]], Piotr Máslov Kusmá Gvósdev e Emanuel Smirnov chamaron a "defender a patria", incluso [[Georgii Plekhanov|Georgi Plekhanov]] tornouse [[defensista]]; o resto dos menxeviques uníronse nun principio ó sector "internacionalista", aínda que Nikolay Chkheidze, deputado na Duma, publicaba ''Nashe Dielo'' ("A Nosa Causa") cunha posición máis conciliadora co defensismo que a posición oficial do Comité de Organización menxevique, expresada por Spectator, Martínov e [[Pavel Axelrod]], mentres que Martov, sendo integrante deste comité, chegou a colaborar con [[Lev Trotski|Trotski]] en ''Nashe Slovo'' (''A Nosa Palabra'') cunha posición de rexeitamento a todo defensismo.
 
Tras a [[Revolución de Febreiro]] de 1917, ó chegaren ó goberno os menxeviques en alianza cos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] e os liberais, mantivo a participación do Exército Ruso na fronte e asumiron a responsabilidade de continuaren a guerra en alianza con [[Francia]], [[Gran Bretaña]] e máis [[Serbia]]. Aínda que Martov se opuxo abertamente a esta política e Axelrod aconsellou abrir as negociacións de paz con [[Alemaña]] e [[Austria]], os menxeviques apoiaron as políticas de Fiódor Dan e o ministro do goberno provisional Irakli Tsereteli de seguiren a guerra e aprazaren a [[reforma agraria]]; con isto perdeu a simpatía das masas obreiras, que se volcaron cara ós bolxeviques, e os campesiños, que apoiaran os socialrevolucionarios.
 
== Anos posteriores ==
O partido menxevique foi proscrito tras a [[Revolta de Kronstadt|Rebelión de Kronstadt]] en [[1921]]. Uns poucos dos seus membros emigraron, publicaron o xornal ''O Mensaxeiro Socialista'' fundado por Martov e mantiveron o Centro Menxevique en [[Berlín]], [[París]] e [[Nova York]] ata comezos da [[anos 1970|década de 1970]]. Actualmente algunhas formacións políticas rusas reivindícanse herdeiras do patrimonio político dos menxeviques.
 
{{Revolución Rusa de 1917}}