Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 42:
 
== Bandos ==
 
[[Ficheiro:Map Europe alliances 1914-es.svg|miniatura|320px|Alianzas militares europeas en [[1915]]. A [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] está representada en castaño, a [[Tripla Entente]] en verde e as nacións neutrais en pexego]]
 
A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do [[século XIX]], tras a guerra franco-prusiana, [[Otto von Bismarck]], chanceler [[Reino de Prusia|prusiano]], conseguiu establecer unha serie de alianzas cuxo fin era o de illar Francia. Trala [[Guerra franco-prusiana|guerra entre Francia e Prusia]], rematou a [[Unificación Alemá|unificación de Alemaña]] e o establecemento do [[Imperio Alemán|II Reich]]. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de vinganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Conseguiu acordos semellantes con [[Italia]], formándose así a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]]. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No caso da política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co [[Imperio Ruso]], dirixido polo tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].