Caravaggio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 22:
[[Ficheiro:Crucifixion of Saint Peter-Caravaggio (c.1600).jpg|miniatura|225px|Crucifixión de San Pedro, 1600, Basilica di Santa Maria del Popolo, Roma.]]
 
'''Michelangelo Merisi da Caravaggio''', nado en [[Milán]] o [[28 de setembro]] de [[1571]] e finado o [[18 de xullo]] de [[1610]], foi un pintor italiano activo en [[Roma]], [[Nápoles]], [[Malta]] e [[Sicilia]] entre [[1593]] e [[1610]], foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como '''Caravaggio''', que é o nome do pobo lombardo endeonde naceu.<ref>Graham-Dixon (2012)</ref>
 
== Traxectoria ==
Á súa tráxica vida (matou un home nunha liorta en Roma en 1606 e pasou o resto da súa vida fuxindo)<ref>{{cite news|url=http://praza.gal/deportes/17423/raquetas-ou-espadas/|title=Raquetas ou espadas|last=Suárez|first=Martiño|date=10 de setembro de 2018|publisher=[[Praza Pública]]|accessdate=11 de setembro de 2018}}</ref> correspóndese cunha pintura de extrema tensión moral e relixiosa. As súas representacións relixiosas non son historia nin alegoría senón feitos cotiáns xa que Caravaggio buscaba a verdade na arte. O seu estilo caracterízase polas súas composicións unitarias, contrastes brutais de luz e sombra, atmosferas e personaxes reais que atraen óo espectador e fai que quede impresionado polo drama vivido en cada escena. O seu realismo exacérbase nas súas últimas obras, agrupando as figuras nunha zona do lenzo, batidas polos efectos da luz, creando un ambiente de desolación e traxedia.
 
A súa evolución estilística pode dividirse en dúas etapas: experimental (1590-1610), e etapa de madurez (1598-1610). Na primeira etapa plasma os fondos maismáis claros e luminosos, mentres que na segunda céntrase no [[Claroscuro|tenebrismo]] potenciando a teatralidade nas escenas.
 
== Galería de imaxes ==