Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo»

:[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]], decateime hoxe desta conversa. Atopei unha referencia para Leeuwarden na ''Diciopedia do século 21'' e movín o artigo. Se non hai referencias en galego, e se hai dúas ou máis linguas oficiais, déixase a escolla do primeiro editor, tal e como se comentou na conversa que indicas. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18 de maio de 2019 ás 14:00 (UTC)
::Ben vista, Elisardo. Aproveito para facer unha matización en xeral para os exónimos: cando non existe -ou non damos atopado- unha referencia en galego para un topónimo estranxeiro, queda o da lingua orixinal tal cal. O problema xorde cando é preciso transliterar dende outros alfabetos ou cando no territorio en cuestión hai varias linguas oficiais. Neses casos, é necesario mirar con demora cada detalle, pero en todo caso a escolla do primeiro editor non pinta nada. Os criterio son outros, como a oficialidade en orixe. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 18 de maio de 2019 ás 17:43 (UTC)
:::[[Usuario:Atobar|Atobar]], a escolla do primeiro editor penso que si conta algo para algúns casos concretos, se non hai referencia en galego, e hai varias linguas oficiais nese lugar, como vale calquera deses topónimos, debemos respectar a escolla do primeiro editor. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18 de maio de 2019 ás 18:30 (UTC)
93.433

edicións