Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra mundial»

(ligazóns internas)
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "[[Paz armada]]", debido ao [[imperialismo]] dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño do seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
 
Todo estoupou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na [[Primeira guerra balcánica]] e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte ao seu veciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomán aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios. Unha sociedade secreta militar serbia, Aa Man Negra, que desde había cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio, un perigo de perder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal, pero [[Gravilo Princip]] tivo sorte e matou a seu obxectivo sendo detido, mais os seus cómplices fuxiron para Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a facer presión sobre Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partir de aquí as declaracións de guerra entre os diversos imperios europeos seguiu en efecto dominó.
 
== Bandos ==
11.776

edicións