Xosé Tarrío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Tarrío, alcumado o Che, naceu na Coruña no seo dunha familia humilde de cinco irmáns no ano 1968, no marxinal barrio de [[Katanga]], tamén chamado as Casas de Franco. Xa desde novo conviviu cos malos tratos debido a problemas familiares ocasionados polo [[alcoholismo]] do seu pai e pola incapacidade económica da súa nai [[Pastora Dominga González Viéitez|Pastora González]], malia os seus esforzos por manter a familia. Xosé era o cativo de cinco irmáns. Aos once anos ingresou nun internado [[Catolicismo|católico]] xa que os seus pais tiveron que [[Diáspora galega|emigrar]] a [[Suíza]]. Alí comezou a recibir malos tratos por parte das monxas que o tiñan baixo os seus coidados. Empezou desde novo a delinquir, o que o levou a ingresar aos 14 anos nun [[reformatorio]]. Entrou na cadea por primeira vez ós 17, onde estivo seis meses a causa dun [[roubo]]. Este feito marcou a súa vida, e a partir daquela chegaron novas condenas complicadas con outras novas xurdidas a partir de problemas dentro da propia prisión e numerosos intentos de fuxida.<ref>{{Cita novas|título=Reportaje: Historia de una rebelión contra la cárcel|url=https://elpais.com/diario/1999/02/14/sociedad/918946815_850215.html|xornal=El País|data=1999-02-14|data-acceso=2019-05-18|issn=1134-6582|lingua=es|nome=Bonifacio|apelidos=De la Cuadra}}</ref> Chegou a ter sentencia por 71 años de penas firmes e máis de un cento de anos solicitados. Pasou a ser catalogado como preso en réxime [[FIES]] (Ficheiro de Internos de Especial Seguimento), creado polo goberno do [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]], sendo ministro [[Antoni Asunción]].<ref>{{Cita novas|título=Un régimen muy especial|url=https://elpais.com/diario/1999/02/14/sociedad/918946816_850215.html|xornal=El País|data=1999-02-14|data-acceso=2019-05-18|issn=1134-6582|lingua=es|nome=Bonifacio|apelidos=De la Cuadra}}</ref>
 
Con 20 anos, e no cárcere, volveuse adicto á [[heroína (droga)|heroína]], diagnosticóuselle aque era portador da [[SIDAVirus da inmunodeficiencia humana|VIH]] e perdeu ademais varios seres queridos, o que o levou a reformular moitas cousas na súa vida, entre outras a súa militancia política. No proceso de autoformación política, en reclusión, foi abandonando as súas adiccións, primeiro á heroína e logo o resto (incluíndo as drogas legais).
 
Xosé Tarrío protagonizou múltiples fugas e motíns, ás veces con éxito, ao longo do seu periplo pola mayoría dos cárceres da xeografía española onde fixo amizades duradeiras, como, por exemplo con Juan José Garfia, consideradado durante moito tempo a inimigo público número 1 en España e autor do libro ''Adiós prisión''. Neste periplo coñeceu de primeira man a violencia, o narcotráfico e embrutecemento que se vivía nos cárceres. Xosé Tarrío cumpriu 17 anos de cárcere, doce deles en aillamento, sen permiso ningún nin terceiro grao por mor do seu comportamento problemático. Neste tempo tamén se formou, cultivando a lectura nos longos períodos de aillamento, o que lle permitiu escribir o seu libro autobiográfico, que recolle a realidade de moitas persoas confinadas no cárcere. En 1988 cadra no cárcere de Zamora co vigués [[Gabriel Pombo da Silva]], con quen comparte unha vida paralela, marcada pola emigración, a pobreza, o maltrato no cárcere e a convicción [[Anarquismo|anarquista]].